Comezamos o repaso polas recomendacións literarias da semana con “Un paraíso en el infierno” de Rebecca Solnit, sobre as extraordinarias comunidades que xorden dos desastres. Un tema que podemos considerar de moita actualidade si o relacionamos cos efectos da Dina en Valencia.
Continuamos con “Fireborne” de Rosaria Munda. A historia de Annie e Lee que eran soamente uns cativos cando unha brutal revolución cambiou o seu mundo, dando a todos (mesmo ós de Baixa cuna) a oportunidade de acceder á casta dos Xinetes e Dragóns.
A terceira proposta é “El aliento de las llamas” de Ángela Banzas. A voz do suspense galego (Ángela) que regresa con esta historia de amor e redención ambientada no Madrid de 1889.
E por último “Fuego en la Garganta” de Beatriz Serrano. Finalista do último premio Planeta. Cando unha mañá de 1993, a vida de Blanca racha cando seu pai lle anuncia que a sua nai non regresará. Dende ese momento, a protagonista teme que poida ter un don insólito: a capacidade de obrar milagres.