Comezamos o repaso ás recomendación literarias da semana con “Los nueve reinos” de Santiago Díaz. O relato sobre unha gran epopeya e unha civilización desaparecida. O episodio máis descoñecido da historia de España.
Seguimos con “Esqueletosaurio” e “El Misterio del Dragón”. Tódolos esqueletosaurios deben reunirse para resolver o misterio do que brilla no fondo do río. Literatura para os máis pequeños da casa.
A terceira proposta do mércores é “Juliette y las canciones perdidas” de Andrea Longarela. A historia da protagonista que vive nun burato e dende él ve a vida pasar. Nin lle gusta traballar nin ten inquedanzas e tampouco lembra o que siñifica soñar.
E por último un superventas como Stephen King de quen Planeta edita “Si te gusta la oscuridad”. O rey do terror chega esta vez con unha colección de 12 relatos de medo.