Comezando nesta ocasión con “Cuentos telúricos” de Rodrigo Cortés unha antoloxía de contos fantásticos quen xa tivo éxito de ventas con outras coleccións de contos deste escritor e cineasta nado en Ourense.
Continuamos coa serie literaria “Perrock Holmes” que xa vai polo número 20 con “La bacteria rasca-rasca” editada por Montena. Trátase dunha obra detectivesca inspirada no célebre inspector pero adaptada aos máis cativos.
A terceira proposta foi “Mil ojos esconde la noche. La ciudad sin Luz” de Juan Manuel de Prada editada por Planeta, unha das propostas máis polémicas e brillantes deste intelectual que nos acerca á posguerra que viviron en París algúns artistas españois.
E a última proposta “Diógenes y los cínicos. La libertad en la vida simple” de Étienne Helmer de Popular Editorial, unha obra con tintes filosóficos que nos achegará a un modo de pensamento do que extraeron a definición do famoso “síndrome”.