Comezamos o repaso polas 4 recomendacións literarias semanais de La Librería con “El tiempo de las fieras” de Víctor del Árbol.
O atropelo dunha xove será a punta do iceberg dunha trama colosal de crime e poder con un montón de pezas coa que compoñer o puzle.
Seguimos con “Nada de esto es verdad” de Lisa Jewell; unha autora de best Sellers con 10 millóns de copias vendidas en todo o mundo. Falamos dun thriller no que Alix Summer, presentadora dun popular podcast celebra seu cuadraxésimo quinto cumpleaños nun pub no que coñece a Josie Fair que tamén está celebrando o seu; polo que descobren que naceron o mesmo día.
A terceira proposta semanal é “Quedará el amor” de Alice Kellen. Historia dun amor tan intenso e cálido como unha tarde de verán. O sol bañando os acantilados e as augas turquesas do mar de Cornualles cando Jane e Cédric se coñecen en 1939.
E por último “Tras do Ceo” do noso Manuel Rivas; editada por Xerais. Novela negra radical, salvaxe e sen edulcorantes que forma parte dun proxecto literario que ten por fondo a caza do home.