Comezamos repaso polas novidades literarias da semana con un clásico como “El Retrato de Dorian Gray”, de öscar Wild, con ilustracións de Benjamin Lacombe. Novela filosófica con historia que xira ó redor dunha personaxe epónima, de que o seu retrato por un amigo de Dorian que está encaprichado.
En segundo lugar unha proposta para os peques que leva por título “Sobreviviendo los días con Los Compas. El apocalipsis zombi”. Un dos libros integrantes dunha colección de aventuras como esta na que os Compas van a ter que poñerse en modo "supervivencia total".
A terceira suxerencia é a titulada “El libro de las puertas” de Gareth Brown. Por que algunas portas non debería abrirse nunca. Considerado un dos libros do ano. A historia de Cassie que ve a vida pasar dende a librería na que traballa en New York ata que un cliente xa ancián o agasalla con un libro misterioso.
E por último “El futuro de Europa” de Antonio Turiel. Ou como decrecer para unha reindustrialización urxente. O desenvolvemento da teoría de que fronte á tecnofantasía, decrecer é a clave para unha industria real e sostible.