Más de uno ourense

As suxerencias literarias de La Librería CyC do 29 de Maio

As recomendacións semanais de La Librería CyC chegaron da man de Israel Barandela.

Óscar Gómez

Ourense |

Un repaso ás recomendacións literarias da semana que comezamos con 'Las Fieras' de Clara Usón, editada por Seix Barral. A historia de duas mulleres unidas por un asesinato sen resolver durante a guerra suxa entre ETA e os GAL.

A segunda proposta é 'Fatal, gracias' de Paula Púa. Historias dunha vida tan desastrosa como a da maioría de nós. Un retrato dunha xeración que quere sempre máis, consegue cada vez menos e o pasa regular cando ten que chamar por teléfono.

Continuamos con unha obra para o lector infantil. 'Míticas' do autor de superventas Lauren Magaziner. Aventuras, amizade e criaturas lexendarias capaces de enganchar ós xoves devoradores de libros.

E por último '16 años para estar contigo', de Lola Gil. Outra cautivadora novela xuvenil que sumerxerá ó lector ou lectora nun fascinante escenario futurista onde a posibilidade de vivir múltiples vidas é unha realidade.