Comezamos este repaso polas recomendacións literarias da semana con “El buen vasallo” de Francisco Narla. Ambientada en aquel tempo no que a península ibérica estaba inmersa en constantes guerras. Séculos de célebres batallas, valentes xestas cantadas polos xuglares e que logo chegaron a tabernas e prazas. Pero…hai unha historia que sempre calaron, cecais por que ninguén se atreveu entón a contala…
A segunda proposta é unha novela de Julia Navarro titulada “El niño que perdió la guerra”. Un neno. Dous países. Dúas ideoloxías. Unha emocionante e ambiciosa novela sobre a identidade e o poder arrollador da cultura que nos mostra que, mesmo nos rincóns máis escuros da historia, a vida ábrese paso.
A proposta para o público infantil é hoxe “La pandilla pichichi” de Sélpide San Luis, con “el misterio del balón desaparecido.
E por último “Asesinato para principiantes” de Holly Jackson. Quen matou a Andi Bell?. Todos creen sabe-la verdade, pero soamente Pippa sabe que están errados.
Unha novela en edición de luxo.