Comezamos o repaso polas recomendacións literarias semanais con “La Historia de España como nunca antes te la habían contado”. Un libro da Academia Play; unha canle histórica de español moi exitosa e con múltiples seguidores en YouTube que achega ó lector a nosa apaixoante historia ó través de 100 capítulos ilustrados, dende a prehistoria ata os nosos días.
Seguimos con “Donde caiga la flecha” de Emilia Landaluce e Rosa Belmonte. Todos creemos saber cómo reaccionaríamos si nos enteramos de algo terrible, ata que realemente nos pasa. Unha novela que presenta unha nova entrega das peripecias de Socorro, xornalista de sucesos…
A terceira proposta é “El invencible verano de Liliana” de Cristina Rivera Garza. Un libro que fala dunha vítima dun feminicidio. Unha xove estudiante de arquitectura de 20 anos.
E por último “A Queimada das Ánimas” de Samuel Ferro. Un thriller ambientado no século XIX no entorno da ría de Vigo onde as meigas e 3 rapaces xogan un papel fundamental no desenvolvemento desta historia.