MÁS DE UNO OURENSE

As suxerencias literarias de La Librería CyC

Unha semana máis Israel Barandela visitou "Más de Uno Ourense" para traermos as recomendacións literarias da semana

Paco Sarria | Jesús Álvarez

Ourense | 21.08.2024 14:22

Comezamos repaso semanal polas recomendacións literarias con un clásico da literatura (e do cinema) como “La Historia Interminable” de Michael Ende. Neste caso unha edición ilustrada por Ayesha Rubio. Novela infantil publicada por primeira vez en 1979, e traducida a 36 idiomas. Para o autor a novela expresa o desexo de atopar a realidade que nos rodea ó través de percorrer o camiño inverso; dende o interior no que está a nosa imaxinación.

A segunda proposta é “Hambre de gloria” de Víctor Fernández Correas. Fernando Álvarez de Toledo sabe que lle queda pouco tempo de vida, mentres vive nun castelo en Uceda ó que foi desterrado polo Rey Felipe II.

“Viñedos de sangre” de J.L Romero é a seguinte recomendación. A historia dunha familia con moito poder e demasiados segredos e na que un asesinato vai a cambialo todo.

E por último hoxe “Rivales divinos! De Rebecca Ross. Tras permanecer durmidos durante séculos os deuses voltan á guerra…

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora