Más de Uno Ourense

Uxía Oviedo (Alcaldesa de Maceda): O triángulo máxico do Entroido debería ser cuadrado

A Alcaldesa socialista de Maceda, Uxía Oviedo, repasou en Más de Uno de Onda Cero a recente celebración do Entroido e tra-lo éxito engadíu que o triángulo máxico do entroido tradicional que conforman Xinzo de Limia, Verin e Laza, "deberían ir pensando en que sexa un cuadrado".

Oviedo valorou moi positivamente a declaración de Ben de Interese Cultural para esta celebración en Galicia polo que implica de revulsivo para a economía e tradicións dos pequenos concellos do rural.

A rexidora de Maceda, a máis xoven de Galicia, con 24 anos, falou tamén de revitalizar as aldeas coa dotación de servizos e infraestructuras para poder fixar poboación así como do que implica para ela ser filla dun ex Alcalde desta vila.

Onda Cero Ourense | Paco Sarria

Ourense |