Más de uno Ourense

Lorenzo González"Hay una mafia operando en Ourense con los NIE que solicitan los venezolanos"

O voceiro da asociación que agrupa ós venezoláns en Ourense (Alma Llanera), Lorenzo González, denunciou hoxe en Más de Uno que aquí opera "unha mafia" coas citas para solicitar os NIE que os seus paisanos que queren integrarse aquí precisan para legalizar a sua situación. González preguntouse por que noutras capitais de provincia non ocorre o mesmo. Unhas citas polas que chegar a pagarse de 200 a 300 euros.

Paco Sarria | Óscar Gómez

Ourense |

O voceiro de Alma Llanera estima que na provincia residen (incluídos irregulares) uns 20 mil paisanos que o principal problema que atopan é o burocrático que intentan solventar na asociación que actúa "como un pequeno consulado".

Na entrevista Lorenzo González rexeitou a intervención armada no seu país, sendo partidario de "cortar as fontes de financiación do réxime de Maduro", rexeitando tamén os actos vandálicos contra as sedes consulares do seu país en Vigo e Lisboa, anque dixo que as relacións con estas embaixadas son mínimas "por que quizás nos consideran adversarios por ten abandonado o país".