Verín homenaxea a Luisa Villalta nas Letras Galegas
O Concello de Verin comeza este venres coa celebración dunha serie de actividades que teñen por obxecto homenaxear a Luisa Villalta, a quen este ano está adicado o Día das Letras Galegas. De tal xeito, entre este venres e o domingo 19 música, danza, exposicións ou literatura darán forma a unha Semana das Letras na que a concellería de Cultura do concello verinés ten depositada moita ilusión, como en Más de Uno Ourense contou a concelleira Samanta Barreira. Entre as actividades centrais está a representación de "Made in Galicia" a cargo de Sarabela Teatro.