O Barco de Valdeorras e Celanova reciben as primeiras actuacións das XXXIX Xornadas Internacionais do Folklore da Deputación Provincial de Ourense. Con este motivo entrevistamos en "Más de Uno Ourense" ó director do certame, Xulio Fernández Senra, quen lamentou a suspensión de espectáculos de danzas tradicionais en España por falla de financiamento. De feito explicou que este evento non sería posible sen o respaldo económico dos países de orixe dos grupos que este ano son Colombia, Taiwán, Serbia, México, Senegal e Panamá.
Senra tamén contou en Onda Cero que os grupos marchan sempre encantados polo trato, recibimento do público e cariño, pero que o que máis piden é "voltar".