As familias da provincia con nenos e nenas nados entre os anos 2010 e 2020 xa poden realizar as inscricións para as Escolas DepOUrtivas de Verán 2024.
As Escolas DepOUrtivas de Verán ofrecen un programa de actividades deportivas, de ocio e de tempo libre que poñen a disposición das familias ourensás un espazo como o Pazo dos Deportes Paco Paz, coa fin de contribuír á conciliación da vida laboral, familiar e persoal en períodos vacacionais, ao tempo que lle proporcionan aos participantes un entorno programado de aproveitamento do tempo libre nun marco de convivencia, favorecendo as relacións sociais e promovendo a transmisión dos valores positivos do deporte.
Estas actividades articúlanse en catro quenllas semanais durante o mes de xullo (do 1 ao 5; do día 8 ao 12; do 15 ao 19 de xullo e do 22 ao 26 de xullo), en horario de 8.00 a 14.00 horas. O prezo por usuario e por semana é de 30 euros.
As Escolas DepOUrtivas de Verán desenvolveranse nas instalacións do Pazo dos Deportes Paco Paz e, como novidade neste ano, reservarase unha xornada cada semana no Club Náutico de Castrelo de Miño, enmarcado no programa da Deputación NauticOU, no que os cativos poderán desfrutar de actividades acuáticas, hidropedais, vela e piragüismo.
As persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través da páxina web pazopacopaz.es; no enderezo electrónico xianacarrera@depourense.es ou na propia recepción do Pazo dos Deportes.