Despois de un espantoso ano 2014 CD Ourense desaparecía. Foron moitos anos nos que o histórico club vermello levaba flirteando con un futuro negro. Cada verán parecía que ninguén se ía a facer cargo do club e en 2014 pasou de ser un susto para converterse nunha realidade.
Os afeccionados do Ourense tentaron salvar o club a través da plataforma SOS CD Ourense pero as súas tentativas quedaron en nada. CD Ourense desaparecía.
E de ahí xurdiu un novo club, fundábase a Unión Deportiva Ourense das cinzas de Club Deportivo Ourense. No novo club estaban representantes das 5 peñas que tiña o club (Escornaboys, Ouligans, Pulpo a feira, A Caña e Cambeo) así cómo outros seguidores históricos de CD Ourense.
Desaparecía o Ourense (CD Ourense) pero nacía o Ourense (UD Ourense) porque cómo decía o Doutor Cabaleiro o corazón ourensanista transplantábase de un club ó outro. O doctor converteuse nunha persoa chave do ourensanismos, formou parte da primeira directiva e fixo un encargo á primeira plantilla: gañar todos os partidos como fixera no seu día o predecesor, CD Ourense. O Ourense, o novo Ourense, conseguiuno e gañou todos os seus partidos de liga.
Participaron no capítulo 1
- Raúl Rois: último xerente de C.D. Ourense e actual delegado da Federación Galega de Fútbol en Ourense.
- Antonio Dacosta: ex xogador, ex membro do corpo técnico de C.D. Ourense e primeiro adestrador na historia da U.D. Ourense
- Modesto García Puga: primeiro presidente da U.D. Ourense
- Fondo Vermello: Martín Rois e Miguel Gil cóntannos a primeira tempada desde o punto de vista deportivo da U.D. Ourense
- Yedra Seara: cóntanos a imaxe que lle quedou da primeira tempada na historia da U.D. Ourense
Capítulo seguinte
👇👇👇Capítulo 2: " O Ourense percorre os campos da provincia de Ourense"