O balón comenzou a rodar e para a Unión Deportiva Ourense foi na 3ª autonómica, era a oitava categoría no escalafón do fútbol nacional, a última categoría.
Foron 3 anos cos seus correspondentes 3 ascensos que levarían ó Ourense a xogar na Preferente Galicia. Cada partido foi unha festa, cada desplazamento un motivo para a afección vermella de coñecer campos da provincia que probablemente na maioría dos casos non visitarían nunca.
Cómo lle foi o Ourense no fútbol provincial
- Tempada 2014-15 en 3ª autonómica: foi o primeiro equipo da historia da Unión Deportiva Ourense do que formaban parte xogadores que vestiran no seu día a camiseta de CD Ourense e que mesmo en algún caso chegaran a xogar con outros equipos en primeira división. Este primeiro Ourense comenzou xogando como local no Pavillón dos Remedios e chegado o Nadal pasou a xogar no Campo do Couto que volvía a sentir o impulso do ourensanismo. O Ourense ascendeu e rematou primeiro clasificado gañando todos os partidos de liga como lles pedira ó principio de tempada o doutor Cabaleiro para emular ó histórico CD Ourense.
- Tempada 2015-16 en 2ª autonómica: nesta tempada chegaron as primeiras derrotas en liga do novo Ourense e certa inquedanza no tramo inicial da competición. O Ourense colleu rápidamente o rítmo competitivo e finalizou a liga outra vez cómo primeiro clasificado e ascendendo a primeira rexional. Asimesmo o Ourense acadaba o título de campión da Copa Deputación B.
- Tempada 2016-17 en 1ª autonómica: o Ourense seguía avanzando no fútbol provincial e chegaba á primeira categoría. De novo era favorito pero as dificultades esta vez eran maiores, aparecía un gran rival a SD Bande de Iván González. Era o inicio dunha rivalidade que duraría sólo dous anos pero que sería moi intensa. A tempada remataba cos dous equipos (Bande e Ourense) ascendendo á preferente galega pero por primeira vez os vermellos non serían campions de liga, ascendían como segundos.
Participaron neste capítulo
- Martín Rois e Miguel Gil: nos contaron co selo de Fondo Vermello cómo foi sobre o campo a tempada 2015-16
- Yedra Seara: contounos a imaxe da tempada 2015-16 e as súas sensacións como fotógrafa percorrendo os campos da provincia de Ourense
- Modesto García: primeiro presidente da U.D. Ourense
- Antonio Dacosta: primeiro adestrador da U.D. Ourense
- Oscar López: primeiro delegado da U.D. Ourense