PODCAST_10º Aniversario U.D. Ourense

Capítulo 3: "O Ourense namora Pontevedra"

O Ourense avanzaba a categoría por ano de vida, cada ano un ascenso. Na tempada 2017/18 xogaría na Preferente Galega, saía da súa provincia e chegaba ata a de Pontevedra. ¿Chegaría o cuarto ascenso consecutivo?

Onda Cero Ourense

Ourense |

Na tempada 2017-18 o Ourense comenzaba a súa aventura fóra da provincia de Ourense na rexional preferente. Nesta tempada a U.D. Ourense mixturaba os seus partidos con equipos da provincia de Ourense e, a gran novidade, con equipos da provincia de Pontevedra que na súa grande maioría se converterían en os grandes rivais para acadas o cuarto ascenso consecutivo, para chegar á terceira división.

O Ourense salta ó campo de O Casal en Moaña
O Ourense salta ó campo de O Casal en Moaña | Yedra Seara

O Ourense cambiaba por primeira vez de adestrador (Fernando Currás sustituia a Antonio Dacosta) e chegaban históricos do último ano de CD Ourense como Pato Guillén, Pablo Corzo ou o último capitán vermello, Josu así cómo xogadores destacados que estaban no Barbadás (Alfredo, Germán, Oli ou Luis González) que estaba unha categoría por encima, a terceira división. O obxectivo era acadar o ascenso á primeira tentativa, costoulle ó Ourense pero conseguiuno nunha última xornada épica en Atios.

Participaron no capítulo 3

  • Fondo Vermello: Martín Rois e Miguel Gil cóntannos neste segundo capítulo como foi a tempada deportiva do Ourense
  • Yedra Seara: fotógrafa oficial da U.D. Ourense cóntanos a imaxe da segunda tempada
  • Modesto García Puga: primeiro presidente da U.D. Ourense nos fala das súas sensacións no ano da preferente galega
  • Oscar López: delegado da Unión Deportiva Ourense nos conta como foi para él o ano da preferente galega
  • Pablo Corzo: cos anos Pablo Corzo converteríase no xogador con máis partidos na historia da U.D. Ourense, o ano da preferente sería a da súa chegada ó Ourense

Outros capítulos do especial 10 aniversario da UD Ourense

👇