PODCAST_10º Aniversario U.D. Ourense

Capítulo 4: "A travesía do Ourense pola terceira división"

O Ourense chegaba á terceira división despois de catro ascensos consecutivos. Os anos na terceira división convertéronse nunha auténtica montaña rusa de emocións

Onda Cero Ourense

Ourense |

O Ourense chegaba ó lugar onde lle correspondería xogar ó seu antecesor (CD Ourense estaba en 2 B cando desapareceu pero un descenso administrativo descendiao á 3ª división).

Parte da afección do Ourense en San Lázaro
Parte da afección do Ourense en San Lázaro | Yedra Seara

Visitaría campos históricos como A Malata ou San Lázaro e no seu primeiro ano en terceira pasou ata marzo en postos de play off de ascenso, o soño parecía que continuaba pero non foi así. No último tercio de liga o equipo deu un baixón deportivo que impediu xogar ó play off de ascenso.

Celebración do gol de Hugo García na Malata
Celebración do gol de Hugo García na Malata | Yedra Seara

Os anos en terceira división (ahora terceira federación) están sendo unha montaña rusa de emocións (con descenso e posterior ascenso incluído). A terceira división pasou de ser a cuarta a ser a quinta categoría do fútbol español despois do COVID. Polo Ourense de teceira división pasaron 3 presidentes (Modesto García, Ramón Dacosta e Fernando Currás) e 3 adestradores (Fernando Currás, Jorge de Dios e Borja Fernández).

Nas últimas dúas campañas o Ourense xogou o play off de ascenso a 2 RFEF quedando eliminado no primeiro ano polo Arosa e no segundo polo Gran Peña (naquel momento segundo filial do RC Celta). No seu ano número 11 o Ourense parte co obxectivo claro e declarado do ascenso de categoría.

Participaron no capítulo 4

  • Fondo Vermello: Martín Rois e Miguel Gil analizan cómo foi sobre o terreo de xogo a cuarta tempada na historia da U.D. Ourense
  • Yedra Seara: cóntanos a imaxe da cuarta tempada da historia no Ourense e no último tramo fálanos da súa experiencia nos campos da terceira división
  • Modesto García Puga: fálanos do paso do Ourense á terceira división
  • Oscar López: primeiro delegado na historia do Ourense
  • Fernando Currás: adestrador do Ourense nos primeiros anos en terceira división e actual presidente vermello

Outros capítulos do especial aniversario da U.D. Ourense

👇

Aniversario U.D. Ourense