Na súa historia o Ourense tivo 3 presidentes desde a súa fundación.
Os presidentes da Unión Deportiva Ourense entre 2014 o 2024
Modesto García foi o primeiro presidente vermello desde a fundación no verán de 2014 ata 2019. Modesto García participou (e foi o portavoz) da plataforma SOS CD Ourense que tentaba salvar da súa desaparición ó histórico club vermello. Ó non conseguilo formou parte dos primeiros pasos do novo club (a Unión Deportiva Ourense) ó que levou desde o nacemento en 2014 ata á terceira división. Estivo 5 anos no cargo.
No verán de 2019 Ramón Dacosta collería o club con algún membro da anterior directiva e permanecería no cargo dous anos, sen dúbida o máis complicado con unha pandemia por medio. Dacosta (que tamén foi xogador no inicio do club vermello) tivo dous anos moi convulsos. Na primeira tempada, cando o equipo estaba no seu mellor momento deportivo, a liga paralizouse pola pandemia do Covid-19, na segunda tempada o equipo descendeu á preferente galega. Ramón Dacosta deixou o cargo ó rematar a 2020-21.
En setembro de 2021, Fernando Currás que era o adestrador do primeiro equipo renunciaba o seu cargo e convertíase en presidente de Ourense que acaba de descender á Preferente Galega. Continúa a ser o presidente da Unión Deportiva Ourense co obxectivo do ascenso á segunda federación.
Participaron no capítulo 5
- Fondo Vermello: Martín López Rois e Miguel Gil contannos a quinta tempada na historia da U.D. Ourense
- Yedra Seara: a imaxe da tempada chega da man da fotógrafa oficial do Ourense
- Modesto García Puga: o primeiro presidente na historia do Ourense contanos a súa experiencia no cargo
- Ramón Dacosta: lembramos con Ramón Dacosta dúas complicadas tempadas na historia do Ourense e do mundo en xeral
- Fernando Currás: coñecemos o paso de adestrador a presidente de Fernando Currás e de unhas tempadas cheas de emoción e con ambición máxima
Escoita todos os capítulos do especial aniversario da U.D. Ourense
👇