A maioría dos xogadores que vestiron a camiseta da U.D. Ourense sorprendéronse do apoio social que recibiron, especialmente nos desplazamentos. Para moitos xogar no Ourense foi unha experiencia completamente diferente a que viviran anteriormente. Algúns foron fundamentais na fundación do club (Adolfo, Xurxo, Ramón Dacosta, Santi, Victor Arias, Roberto Almeyda ...), outros nos sucesivos ascensos de categoría (Omar, Pablo Corzo, Rubén Durán, Tito Currás, Pato Guillén, Rubén Arce ...) e outros simplemente chegaron de outros clubes (Hugo García, Joni, Varo, Gabi Sanín, Champi, Luismi, Alex Cobo ...) para convertirse en lendas vermellas e colocar ó Ourense onde lle corresponde.
Participaron no capítulo 6
- Fondo Vermello: con Martín López Rois e Miguel Gil coñecemos cómo foi na parte deportiva a sexta tempada na historia do Ourense.
- Yedra Seara: coñecemos a imaxe da sexta tempada do Ourense.
- Ramón Dacosta: foi dos xogadores que formou parte da primeira plantilla na historia do club. Ramón Dacosta chegou a debutar en primeira división co RC Celta aínda que gran parte da súa carreira transcurriu entre Segunda División e Segunda División B en equipos como o Hércules, Alavés ou CD Ourense entre outros.
- Pablo Corzo: chegou na tempada 2017-18 para convertirse despois de 7 tempadas no xogador con máis partidos na historia da U.D. Ourense. Nas súas costas ten 2 ascensos a terceira (un a 3ª división e outro a 3ª RFEF) e dúas fases de ascenso á 2 RFEF. Antes de xogar na Unión Deportiva Ourense estivera en Club Deportivo Ourense tanto na súa base cómo na última plantilla da súa historia.
- Gabi Sanín: o medio campista de Vedra chegou ó Ourense na tempada 2020-21 e permaneceu tres tempadas no club. Estivo o ano do descenso a preferente, o ano do ascenso a 3 RFEF en Meis e o ano do primeiro play off de ascenso na historia a 2 RFEF. Segue a vivir en Ourense e ten unha grande identificación tanto co club como coa cidade.
Escoita todos os capítulos do podcast especial aniversario da U.D. Ourense
👇