En 10 anos de historia a U.D. Ourense tivo 4 adestradores (agás os períodos de interinidade entre algún deles) e pode presumir de ser un dos poucos clubes que non destitiui a ningún adestrador na súa historia.
O primeiro adestrador, Antonio Dacosta, foi chave na fundación do club en 2014. Dacosta viña de ser adestrador de porteiros en CD Ourense e baixou ata a oitava categoría para convertise no primeiro adestrador na historia do novo Ourense. Acadou 3 ascensos consecutivos e deixou ó equipo despois de ascender á Preferente Galega. Durante un período de enfermidade foi sustituído por o que era o seu segundo, Rubén García.
O segundo adestrador da historia foi Fernando Currás (histórico futbolista de CD Ourense e que antes de coller o primeiro equipo vermello adestrou o xuvenil). Debutou na preferente galega e viviu un ano complicado pero que rematou coa que posiblemente foi a maior festa do ourensanismo, o ascenso á terceira división en Atios. Currás, como adestrador, estivo 4 tempadas deixando ó equipo na preferente despois do descenso o ano do Covid, pasaría a ser presidente.
Jorge de Dios sería o terceiro adestrador do Ourense, sucedía no banquillo vermello o que sería o seu presidente (Fernando Currás) e a primeira nunha brillante tempada conseguía o ascenso da preferente á nova 3ª RFEF. Na súa primeira tempada en terceira xoga o play off de ascenso a 2 RFEF caendo frente ó Arosa. Na seguinte tempada (a que acaba de rematar) o propio Jorge de Dios decide dimitir ó considerar non ser quen de levar ó Ourense o obxectivo do ascenso de categoría. A demisión de Jorge de Dios produciuse despois dunha xornada intersemanal co filial do Lugo. No seguinte partido na Grela fronte ó Silva no banquillo vermello sentáronse de forma interina Jandro Nóvoa (nese momento preparador físico do primeiro equipo) e Adrían Padrón (adestrador do xuvenil).
O cuarto adestrador do Ourense é Borja Fernández (histórico futbolista nacido en Ourense) colleu ó Ourense a falta de 7 xornadas para rematar a tempada 2023-24 e co equipo con graves problemas de confianza. A dinámica mudou completamente e o Ourense xogou o play off de ascenso con unha mentalidade completamente diferente e con moitas opcións de ascenso. Na primeira eliminatoria superou ó Arosa pero caeu na segunda frente ó Gran Peña. En 2024-25 tentará de novo o cambio de categoría.
Participaron no capítulo 7
- Fondo Vermello: Martín López Rois contarónnos cómo foi a séptima temporada da historia da U.D. Ourense
- Yedra Seara: a imaxe da sétima tempada coa fotógrafa oficial do club
- Antonio Dacosta: o primeiro adestrador do Ourense cóntanos os inicios no banquillo vermello
- Fernando Currás: antes de ser presidente foi o segundo adestrador na historia ourensanista
- Jorge de Dios: formou tandem con Toni Alvarez e deixou unha gran pegada no ourensanismo a pesar dun final convulso
- Borja Fernández: actual adestrador do Ourense. Está chamado a levar á U.D. Ourense a grandes cotas
Escoita todos os capítulos do especial 10º aniversario da U.D. Ourense
👇