Unha das chaves do éxito (ou da falta de éxito) dun club deportivo é a presencia de patrocinadores.
O Ourense (con dúas denominacións diferentes) pasou no verán de 2014 de xogar en Segunda División B a xogar na 3ª autonómica (5 categorías máis abaixo) pero co mesmo sentimento. Coñecemos desde o punto de vista dos responsables do club en publicidade e dos patrocinadores como é esta figura nun club tan especial cómo é a Unión Deportiva Ourense.
Asimesmo, Moncho Barbosa, xerente de Bricocentro Paradelo (un dos principais patrocinadores do Ourense) móstranos as súas sensacións cómo patrocinador e cómo seguidor do Ourense.
Participaron no capítulo 8
- Fondo Vermello: Martín López Rois e Miguel Gil fálannos da oitava tempada na historia do Ourense desde o punto de vista deportivo.
- Yedra Seara: descríbenos a imaxe da tempada.
- Angel Muñoz: foi a primeira persoa responsable da captación de publicidade no inicio de vida da Unión Deportiva Ourense.
- Javier Orbán: actual responsable de publicidade do Ourense.
- Moncho Barbosa: xerente de Bricocentro Paradelo, unha das principais empresas patrocinadoras do Ourense.
Escoita todos os capítulos do especial aniversario da U.D. Ourense
👇
[[LINK:TAG|||tag|||66968acce756d039b84fa27b|||]]Especial aniversario U.D. Ourense