Os conxuntos infantil e junior do Club Ximnasia Pavillón Ourense competían nas súas respectivas categorías no máis alto nivel nacional. O conxunto senior que tamén se clasificara para a competición tivo que causar baixa por motivos de saúde de unha das súas compoñentes que a ten alonxada dos adestramentos e competición durante estes días.
O conxunto infantil (Alma, Claudia, Lara, Carla, Bianca e Olga) foron as máis madrugadoras. Realizaron un exercicio moi bonito pero con tres erros graves que baixaron a nota de execución, aínda así foron 11º na súa categoría.
O conxunto junior (Martina, Xisela, Maya, Daniela, Gretel e Sheila) comezaron moi ben o exercicio pero tiveron unha saída de tapiz e encadearon a partires de ahí unha serie de erros que desluciron o resultado final. Ocuparon o posto 15º da categoría.
Estes conxuntos, xuntamente co senior, competirán de novo en Ourense o día 25 de maio para clasificarse para a II Fase de Copa Conxuntos. Ese mesmo día xogaranse tamén a clasificaci´no para o nacional individual de clubs, con cinco equipos (dous infantís, un junior e dous senior). Os resultados desta fase nacional ofrecen moi boas sensacións ao equipo técnico para as seguintes citas.
Copa Conxuntos Base
O Club Ximnasia Escola Pavillón competía con dous conxuntos neste nivel. O conxunto cadete (Noa, Nicole, Laura, Lara, Mónica e Daniela) participaba na xornada de sábado. Realizaron o seu exercicio de mazas coa expresividade que as caracteriza e acadaron o posto 36 dos 61 conxuntos participantes, situándose así na mitade da táboa clasificatoria.
O domingo foi o turno do conxunto alevín (Valeria R, Valeria V, Area, Mía, Martina, Alicia e Mara). Foi o seu primeiro ano competindo con aparato. Ainda así, souberon controlar as súas emocións e foron quen de superar os seus erros durante todo o exercicio.
Estes dous conxuntos, xuntamente co xuvenil base, continúan a súa preparación cara a parte final da tempada que terá lugar no último trimestre do ano.