Motor

Charla do programa 'FGA nas aulas de primaria' no CEIP Padre Feijoo de Allariz

O programa “FGA nas Aulas de Primaria”, que conta coa colaboración de Supermercados GADIS, fixo a súa undécima parada do curso escolar na provincia de Ourense.

Óscar Gómez

Ourense |

Charla do programa 'FGA nas aulas de primaria' no CEIP Padre Feijoo de Allariz
Charla do programa 'FGA nas aulas de primaria' no CEIP Padre Feijoo de Allariz | onda cero

Máis de medio cento de alumnos desfrutaron da visita de Roberto Piñeiro e o seu Renault Clio Sport, os máis pequenos da casa puideron aprender o que é o automobilismo de competición e recibir unhas pequenas nocións de seguridade, todo nun ambiente distendido e didáctico e que deixou momentos divertidos para todos.

Roberto Piñeiro, habitual do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes, falou dos seus comezos no mundo da competición e dalgunha anécdota nos seus máis de dez anos de experiencia nos rallyes, disciplina na que se atopa máis cómodo.

Como é habitual, logo do turno de preguntas dos escolares chegou o momento de coñecer os pormenores do concurso de debuxo que fará realidade o deseño que creen do Renault Clio Rally5 de Álvaro Castro Laíño e Isidro Rey.

Na recta final da actividade os alumnos desfrutaron do Renault Clio de Piñeiro.