Unha fin de semana marcada polo mal tempo en toda Galicia, o que fixo que prácticamente todas as mangas durante os dous días se celebrasen en auga e que obligou a suspensión dalgunhas carreiras polo anegamento do circuito.
Despois dos adestramentos e a competición Pre Rookie do sábado (unha cita non competitiva e orientada a que os deportistas máis xóvenes comecen a familiarizarse co karting), o domingo chegou o momento das carreiras no resto de categorías oficiais. Aroa Fernández foi a vencedora da primeira proba do campionato dentro da categoría Rookie. A continuación clasificáronse Nicolás Fernández e Iago Rodríguez nunha proba na que se produciu o debut de varios equipos procedentes da modalidade Pre Rookie.
Dentro da modalidade Mini, o mellor clasificado foi Kevin Fernández, seguido de Jaime Teijeiro (primeiro dentro da modalidade Mini Novel) e Jorge Núñez (2º Mini Novel). O cuarto posto e terceiro dentro dos participantes Mini Novel foi para Álvaro Castro. Na sempre competida categoría Júnior, primeiro posto da xeral ao término da proba pontevedresa para Alejandro Méndez, con Daniel García e Adrián Regueira no segundo e terceiro posto da xeral, respectivamente.
Alexandre Mariño, becado da FGA na modalidade de Autocross, foi o gañador da proba Sénior, con Brais García e Lucas Merlán completando o podio. Mateo García, becado da FGA en montaña foi cuarto clasificado nesta primeira cita puntuable do certame.
Por último, dentro da categoría raíña, a KZ, primeiro posto Nacho Aviñó, presidente da Federación Valenciana de Automobilismo, que se desplazou ata a Madalena para desfrutar do excelente nivel competitivo do certame galego. A continuación, Guillermo Carrera e Xosé Brais Pereiro, nun podio acaparado por pilotos todos da categoría KZ2.
O primeiro participante dentro da categoría KZ foi Ernesto del Cinque na cuarta posición da xeral. A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Karting levará aos equipos ata As Pontes o 20 e 21 de xullo.