Natación

O Club de Natación Escualos Campus Auga acadou o 3º posto no Campionato Galego de Verán

O Club de natación Escualos sigue facendo historia no Maste Galego de Natación que se celebrou este fin de semana na Piscina Rosario Dueñas en Ourense.

Óscar Gómez

Ourense | 10.06.2024 08:45

O Club de Natación Escualos Campus Auga acadou o 3º posto no Campionato Galego de Verán
O Club de Natación Escualos Campus Auga acadou o 3º posto no Campionato Galego de Verán | onda cero

Con 28 nadadores acadaron o 3º posto acadando un total de 1096,50 puntos, sendo o vencedor o CN Ponteareas con 1245 puntos. O club de Natación Escualos Campus Auga segue a medrar tempada tras tempada.

O equipo feminino acadou un gran 3º posto, con só 11 nadadoras competindo contra as 22 nadadoras de Ponteareas.

O equipo masculino proclamouse subcampión e estivo moi preto do título de campión masculino con tan só 9,5 puntos, pero ao final fíxoo no CN Portamiña facendo valer os seus relevos de premaster xuvenís na última proba.

Clasificación Campeonato:

Total

1º - CN Ponteareas - 1.245,00 puntos

2º - CN Portamiñá Lugo - 1.120,00 puntos

3º - CN Escualos - 1.096,50 puntos

Masculina

1º - CN Portamiñá Lugo - 602,00 puntos

2º - CN Escualos - 592,50 puntos

3º - CN Vigo Rías Baixas - 574,00 puntos

Feminina

1º - CN Ponteareas - 680,00 puntos

2º - CN Portamiñá Lugo - 518,00 puntos

3º - CN Escualos - 504,00 puntos

O total de medallas para os nadadores do Club Natación Escualos Campus Auga foi espectacular con:

Individuales

17 OROS

22 PLATAS

24 BRONCES

Relevos

3 OROS

5 PLATAS

3 BRONCES