Dende o 8 ao 12 de maio terá lugar no Pavillón Area de Pamplona o campionato de España de Trampolín ao que acoden 28 ximnastas do Club Ximnasia Pavillón Ourense, 20 ximnastas que participarán Campionato individual de clubs e 8 no nacional de base.
O Nacional Base disputarase os día 8 e 9 e o Campionato de España Individual e Clubs comezará o venres 9 con adestramento e desenvolverase os días 10, 11 e 12. En total reuniranse no Area de Pamplona ao redor de 230 ximnastas de Base e 270 ximnastas no Individual e Clubs repartidos entre distintas categorías.