Judo

A Copa Deputación de Judo 2024 celebra o seo 40 aniversario

O vindeiro sábado 25 de maio terá lugar no Pazo Paco Paz a primeira das tres xornadas.

Óscar Gómez

Ourense | 22.05.2024 10:24

Comeza a Copa Deputación de Judo 2024 celebrando o seo 40 aniversario
Comeza a Copa Deputación de Judo 2024 celebrando o seo 40 aniversario | onda cero

As categorías repártense dende o Chupetín –menos de 18 quilos- ata o xuventude. A fusión das categorías Masculino e Feminino mantense na Categoría OPEN, aberta a competidores de ambos sexos. Unha medida que aumenta o número de combates entre os participantes e dinamiza o ritmo do torneo. Participarán, ademais, judocas de todos os clubs da cidade os colexios de Cambeo, Baños de Molgas e Allariz.

A Copa, patrocinada integramente polo Servizo de Deportes da Deputación de Ourense e organizado pola Delegación Ourensana de Judo, é o competición máis importante a nivel provincial e principal viveiro de novos judocas É a primeira experiencia competitiva para a gran maioría. Constará de tres días - 25 de maio, 8 de xuño e 6 de xullo - todos puntuables, así que A asistencia é un factor determinante para a clasificación final.

Esta será a 40 edición dun dos certames formativos máis lonxevas da provincia de Ourense, deseñadas no seu momento polo Mestre 7º Dan Manuel Montero.