Ourense Cidade

O Concello de Ourense construirá un novo pavillón para actividades dos equipos de ximnasia

O alcalde recibiu a Club Ximnasia Pavillón e Club Ximnasia As Burgas, e felicitounos polos excelentes resultados da última temporada.

Óscar Gómez

Ourense |

O Concello de Ourense construirá un novo pavillón para actividades dos equipos de ximnasia
O Concello de Ourense construirá un novo pavillón para actividades dos equipos de ximnasia | onda cero

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o tenente de alcalde, Aníbal Pereira, recibiron no salón de plenos do Concello os equipos Club Ximnasia Pavillón e Club Ximnasia As Burgas, aos que felicitaron polos excelentes resultados deportivos acadados durante a última temporada.

O alcalde avanzoulles a deportistas e persoal técnico dos clubs que o goberno municipal prevé construír un novo pavillón deportivo especializado que sirva como sede para a práctica da ximnasia na cidade en todas as súas diferentes especialidades. O rexedor explicou tamén que o polideportivo do Campo da Feira, onde estes equipos adestran na actualidade, destinarase a parque acuático termal. Porén, advertiu que o Concello coordinará os prazos de execución de ambos os dous proxectos para que o novo pavillón estea dispoñible antes de acometer as obras no polideportivo do Campo da Feira.