Onda Deportiva Ourense - Polideportivo
Baloncesto
Zamora 59-53 Club Ourense Baloncesto
Derrota sen paliativos dun Club Ourense Baloncesto que cun dos mellores planteis da categoría non é quen de amosar irregularidade e caeu derrotado en Zamora nun pésimo encontro dos ourensáns. Os de Armando Gómez tiveron o partido controlado ao comezo e no principio do último cuarto, pero un final moi malo, cun parcial en contra de 18-0 permitiu os locais remontar. 8 minutos estivo o COB sen anotar, que tampouco encontrou o revulsivo nas rotacións. Os ourensáns comprícanse novamente a primeira praza.
O mércores reciben a outro rival directo, Tizona Burgos, onde xa non vale errar. Para este partido, os socios de Club Ourense Baloncesto disporán de 2 invitacións para agasallar a quen estimen oportuno.
Traumator Culleredo 98-78 Solgaleo Bosco
Derrota do Solgaleo Bosco que viña de sumar triunfo a pasada semana e que retornou a senda da derrota cun tropezo sen paliativos ante un rival directo como o Culleredo. Os ourensáns non puideron deter ao rival en dous primeiros cuartos nos que foron moi superiores e pese a reaccionar e meterse no encontro no terceiro cuarto, acabarían por desinflarse no último e caer derrotados. Chapero con 23 puntos o mellor do Solgaleo.
Codigalco Carmelitas 57-48 ABDA Avilés
Décima vitoria consecutiva dun Carmelitas que ademais venceu a un rival directo como o Avilés e que se asegura o factor cancha de cara o playoff de ascenso. O conxunto adestrado por Suso Garrido marcou as diferencias dende o primeiro cuarto e puxo distancias no marcador no segundo cun parcial de 8-0, e a pesar de que as asturianas intentaron meterse no encontro. As colexiales firmaron dous bos cuartos na segunda metade gracias a un bo xogo fluído e a superar o seu rival no apartado táctico. Destacar a Kristina Innemee con 15 puntos e a Malena con 13 como as mellores do Carmelitas.
Fútbol Sala
Marín 1-0 Ourense Envialia
Derrota do Ourense Envialia que ve freadas as súas opcións de meterse nos postos do top 4, tras caer no derbi autonómico ante Marín. Un solitario tanto de María León cortou a xeira das de Gonzalo Iglesias Morenín, que nunha contra e a falta de 8 minutos encaixaron un tanto que acabou por ser letal. As ourensás arriscaron con porteira xogador nos últimos minutos, pero o marcador xa non se moveu.
Valdetires 1-3 Cidade das Burgas
Novo triunfo do Cidade das Burgas e xa van 12 vitorias consecutivas e 15 xornadas sen perder. As de Manolo Codeso superaron a un combativo Valdetires gracias a dous tantos da veterana Nespereira e a 1 tanto de Fara. As locais recortaron diferenzas no segundo acto, pero o marcador xa non se moveu e o triunfo volveu para a cidade das Burgas. A vindeira fin de semana partidazo por todo o alto fronte o líder, o Viaxes Amarelle.
Ourense Envialia B 4-9 Rodiles
Derrota do Envialia B ante un contundente Rodiles que levou o triunfo dos Remedios gracias a súa efectividade de cara a porta. Sandra e Alba adiantaban ao filial con dous tantos ao comezo, pero o Rodiles dáballe a volta antes do descanso para marchar vencendo 2-4. Na segunda metade anotaron Sandra novamente e Sofía para as ourensás, pero as visitantes farían 5 novos tantos e levando a vitoria.
Sala Ourense 5-6 Segosala
O Sala Ourense segue sen erguer cabeza e no primeiro encontro tralo regreso de Kike García ao banquillo o resultado volveu a ser derrota. Comezaron perdendo os ourensáns, que igualaban antes do descanso gracias aos tantos de Iago Macía e Raúl Rivero. Tralo paso por vestiarios, Fer anotaba o 3-2. O Segosala recompúxose e en un minuto volveu a por o 3-4 no marcador. De ahí o final os segovianos marcharon por diante ata que Rivero igualou a falta de 2 minutos e 40 segundos, pero nos instantes finais o Segosala levaría o triunfo condenando ao Sala Ourense a unha nova derrota.
Balonmán
Carnes do Ribeiro 26-26 Seis do Nadal
Empate do Carnes do Ribeiro nun choque marcado pola emoción e a igualdade e que rematou en empate. O conxunto adestrado por Felix Mojón comezou moi ben e con vantaxes de ata 3 goles en varias fases do primeiro tempo, sen embargo os vigueses reaccionaban moi ben e ao descanso marchaban cun gol de vantaxe 14- 15. Na segunda metade o partido seguiu o mesmo guión e os locais conseguiron empatar a medio minuto do final e defender o último ataque dos vigueses. Destacar a actuación de Jacobo Rodríguez con 7 goles.
Rugby
Valtecsa 30-24 Campus Ourense Rugby
Derrota do Campus Ourense na súa visita a terras vascas nun encontro intenso e no que aos de David Monreal lles faltou algo máis de mordente para levar o triunfo final. Os ourensáns comezaron mellor con varias transformacións, pero chegaban ao descanso un tanto abaixo 10-9. Nos últimos 40 minutos de partido o encontro entrou nun toma e daca de ocasións, nos que os bilbaínos foron mellores ata acabar levando o triunfo nos minutos finais.
Voleibol
CV Ourense Aceites Abril 3-1 La Curtidora
Triunfo do CV Ourense por 3 sets a 1 no seu primeiro encontro da fin de semana ante La Curtidora, nun encontro na que as de Pablo Pérez perderon o primeiro set por 20-25, pero levaron os tres seguintes por 25-20, 25-23 e 25-18.
CV Bavieca 2-3 CV Ourense Aceites Abril
E sen tempo para descansar, emprenderon viaxe a terras burgalesas onde se enfrontaron a Babieca no famoso encontro aprazado no seu día e que a piques estiveron de darlles por perdido as ourensás. Triunfo nun encontro moi desputado no que venceron por 3 sets a 2 e mantéñense cuartas cos dous triunfos a un só punto da segunda e terceira praza.
E tamén ... Fútbol