O sábado tiña lugar o Campionato Galego de clubs, autonómico individual masculino e control clasificatorio para a II Fase de Copa de España de conxuntos absolutos.
Os resultados máis salientables na modalidade individual foron para os tres ximnastas masculinos. Patrick Célis López obtivo o ouro na categoría infantil. Na categoría junior Jose Vázquez Gómez obtivo o ouro nos tres aparellos (aro, cinta e mazas), sendo así campión galego na clasificación xeral. Eduardo Montero Rodríguez, na mesma categoría obtivo a prata nos tres aparellos e foi subcampión galego na clasificación xeral. Este tres ximnastas competirán no nacional que terá lugar entre o 20 e 25 de maio en sede aínda sen concretar, con excelentes expectativas.
O Club Ximnasia Pavillón Ourense presentaba tamen cinco equipos para o galego individual de clubs constituídos por un total de 16 ximnastas (seis de categoría infantil, 4 de categoría junior e 6 de categoría senior). O resultado máis salientable foi o de Candela Chaparro Gómez, na categoría senior, que se alzou coa prata co seu exercicio de pelota. Os equipos infantís foron 5º e 6º na clasificación, o equipo junior foi 5º clasificado e os equipos senior 4º e 5º clasificado.
No control clasificatorio para a Copa de España de conxuntos absolutos todos os conxuntos galegos mostraron un excelente nivel. O conxunto infantil foi 2º, o conxunto junior foi 1º e o conxunto senior non puido participar por mor da baixa médica de unha das participantes. Os tres conxuntos estarán na II Fase da Copa entre o 2 e 7 de xullo sen sede aínda determinada.
Fase final do Campionato Galego de conxuntos nivel escolar
Os clubs Pavillón clasificaron á totalidade dos conxuntos presentados nas dúas fases provinciais, asistindo a Lugo con un total de 13 conxuntos.
Os resultados foron os seguintes:
Categoría Iniciación
8º clasificado (Club X. Pavillón Ourense)
Categoría Prebenxamín
· Club Ximnasia Pavillón M: 9º
· Club Ximnasia Pavillón P: 18º
Categoría Benxamín
6º clasificado (Escola Pavillón)
Categoría Alevín
· Escola Pavillón M: 21º
· Escola Pavillón P: 23º
Categoría Infantil
· Club Ximnasia Pavillón P: 11º
· Club Ximnasia Pavillón M: 14º
· Escola Pavillón: 15º
· Escola Pavillón Ribadavia: 20º
Categoría Cadete
19º (Club Ximnasia Pavillón)
Categoria Xuvenil
· Club Ximnasia Pavillón P: 7º
· Club Ximnasia Pavillón M: 10º
Estes conxuntos rematarán a tempada competitiva o vindeiro sábado día 1 de xuño no que competirán na Fase Final da Copa Deputación de Ourense, xunto cos restantes clubs e escolas provinciais, tratando de continuar cos excelentes resultados das fases anteriores.