Bádminton

Grandes resultados do Club Athlos na fin de semana

Antonio Iglesias consegue a medalla de prata na competición individual e bronce na competición por equipos.

Óscar Gómez

Ourense | 02.05.2024 11:21

Grandes resultados do Club Athlos en Madrid
Grandes resultados do Club Athlos en Madrid | onda cero

Adrián Seijo, David Casas e Antón González. Todos eles acompañados pola adestradora Sara Ezquerro. Gran participación dos nosos nun dos torneos máis importantes da tempada. Adrián Seijo conseguía clasificarse no N1 plantándolle cara aos mellores do ranking nacional. Antón González consegue unha vitoria importante na fase de grupos que lle axudará a seguir sumando puntos no seu ranking nacional. David Casas tivo que retirarse por lesión na súa perna esquerda.

Clubo Athlos
Clubo Athlos | onda cero

Spanish Parabadmintonb Internacional

No torneo celebrado en Toledo Ignacio Fernández consigue un quinto posto no dobres masculino WH1-WH2 xunto a Francisco Motero do CDB Huelva. Así mesmo Manuel G. Rosendo consigue outro quinto posto no dobres masculino SU5 xunto a Pablo Serrano. A póxima parada será campionato de España de Parabádminton en Cartagena a celebrarse do 10 ao 12 de mai.

Participantes en Toledo
Participantes en Toledo | onda cero

En Palos de la Frontera, no Master N1-N4 SUB19 Xoel Álvarez despois de conquistar o MASTER N1-N4 SUB17, enfrentouse ao sub19, onde consegue importantes victorias que lle axudarán a sumar puntos no seu ranking.

Así mesmo, Antonio Iglesias, representando á Universidade de Vigo, no campionato de España Universitario consegue a medalla de prata na competición individual e bronce na competición por equipos.