Motor

Jacobo Senín gaña e marca un novo récord en Vilar de Barrio

Jacobo Senín, aos mandos da Nova Proto, foi o gañador indiscutible da Subida a Vilar de Barrio.

Óscar Gómez

Ourense | 27.05.2024 09:38

Jacobo Senín gaña Vilar de Barrio
Jacobo Senín gaña Vilar de Barrio | onda ceri

Senín, cun tempo final de 3:53.619 (novo récordo do trazado incluido na última manga oficial do domingo con 1:56.364), non deu opción aos seus rivais, deixando ao segundo clasificado, Alexis Vieitez, a 19,6 segundos no cómputo xeral final da proba. No terceiro chanzo do podio desta segunda proba situouse Jesús Pombo, a 32.7 segundos.

En carrozados, primeiro posto para Jorge Pérez Alonso (4:30.117), que aos mandos do Porsche 991 GT3, situouse na cuarta posición da xeral. Pérez batiuse con Javier Carballo durante toda a fin de semana, nunha das loitas máis fermosas da fin de semana. Carballo rematou a pouco máis dun segundo do vencedor da categoría. O terceiro posto foi para Manuel Senra, co Peugeot 308 TCR.

Ente os carcross, primeiro posto da clasificación para Alfonso “Pisko” Ventín. Abrahán Vázquez e Beni Porto foron segundo e terceiro clasificado, respectivamente.

O becado da Federación Galega de Automobilismo, Mateo García, rematou a proba no cuarto posición da clase 9, reservada para carcross, nun fin de semana consistente e mellorando os seus cronos manga a manga.

Ademáis, na competición de regularidade, victoria para Breogán Abalde e Ángel Monteagudo, por diante de Sito Cabral e José Manuel Quintas e Iván e José Antonio López.