Play Off ascenso á 2 RFEF
Arosa e Ourense citabanse na Lomba de Vilagarcía para resolver unha eliminatoria que chegaba empatada do Campo de O Couto. No partido de ida adiántabase o Ourense con dous goles pero o equipo de Luisito neutralizaba a ventaxa e puña os arlequinados co pase de ronda de cara por quedar mellor clasificado na fase regular.
Arosa SC - UD Ourense
As 21:00 horas do domingo máis de 500 ourensanistas tomaban A Lomba sen importar demasiado un horario tan tardío. 4 autocares e varias centos de seguidores puxeron os ingredientes para unha noite máxica que supón superar a primeira eliminatoria do play off de ascenso á segunda federación. O vindeiro domingo ás 12:00 horas o campo de O Couto poñerá o inicio á segunda, o rival será o segundo filial do RC Celta, o Gran Peña.
Entrevista a Javi Labrada
O heroe ourensanista pasou polos micrófonos de Onda Cero Ourense
- Sensación despois do gol da victoria
- Cómo foi a eliminatoria co Arosa
- O efecto Camarón
- O vindeiro rival, o Gran Peña
- Mensaxe de apoio a David Rojo, lesionado de gravidade nos últimos minutos
Resumo do partido na Televisión de Galicia
⚽️ Volta das semifinais polo ascenso a 2ª @rfef
⚔️ @ArosaSCOficial 1-2 @UDOurense2014
⬆️ A U. D. Ourense segue na pelexa polo ascenso
👉 Labrada marcou o gol da clasificación na prórroga pic.twitter.com/BCwR7QQsBE
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) May 27, 2024