Onda Deportiva Ourense

Nova fin de semana de éxitos para o deporte ourensán

Club Ourense Baloncesto acadaba ó ascenso á LEB OURO, Ourense CF á 2 RFEF, a UD Ourense o título en preferente. Unha nova fin de semana que nos deixou bos resultados para os equipos ourensáns, agás o Barbadás que non puido acadar o ascenso á 3 RFEF

Onda Cero Ourense

Ourense | 24.05.2022 19:33

Onda Deportiva Ourense

Fase de ascenso a 2ª RFEF

Ourense CF 4-0 AG Llerenense

O Ourense CF acadou o ansiado ascenso a 2 RFEF, despois de golear por 4-0 o Llerenense. Os de Rubén Domínguez decantaron a balanza antes do descanso, cando en apenas 5 minutos anotaron 3 goles que sentenciaron o choque. Tiago Rodríguez facía o primeiro cun remate colocado dende a frontal. Apenas un minuto despois Gabri Palmás enviaba ao fondo da rede un centro de Amin. Non pasara nin un minuto cando caía o terceiro, tras un tanto en propia porta. Na segunda metade e con todo sentenciado chegaría o cuarto, obra novamente de Gabri Palmás. A provincia de Ourense terá dous representantes na 2 RFEF a vindeira tempada: CD Arenteiro e Ourense CF.

Preferente Galicia - Fase de Ascenso

UD Ourense 2-0 Vilalonga

O Ourense acadou o campionato ligueiro da Preferente Sur, despois de superar por 2-0 o Vilalonga, nun encontro que foi unha nova festa e que serviu para despedir a tempada ligueira ante a parroquia vermella. Varo e Osián foron os autores dos tantos que lle dan o Ourense o título ligueiro e que fan que visiten o Gran Peña na última xornada xa sen xogarse nada. Unha tempada para enmarcar que os ourensáns buscarán completar co doblete, levantando tamén a Copa Deputación.

Barbadás 0-2 Gran Peña

Nos Carrís xogábase unha final polo ascenso e finalmente a fortuna decantou a balanza a favor do Gran Peña. Tras unha primeira metade moi desputada e con ocasións para ambos conxuntos, o encontro abriuse na segunda, onde o Gran Peña foi superior e rematou por levar o triunfo cun tanto de falta directa e outro a saída dun saque de esquina, sacando máximo partido as xogadas a balón parado. O Barbadás pelexou por volver a meterse, pero non foi quen. A pesar de todo ovación ao remate do encontro para un equipo que fixo unha gran tempada e que todavía loita pola Copa.

Verín CF 2-3 Portonovo

Derrota do Verín que despedía a tempada do Arjiz e que non o puido facer cun bo sabor de boca. Os de Vilachá adiantáronse no marcador gracias a un tanto de Luisito, pero o Portonovo dáballe a volta ao marcador antes do descanso, gracias a dous tantos de Dani Abalo. Tralo paso por vestiarios Dani Abalo firmaba o hatrick e Hugo Domínguez anotaba o 2-3 final 4 minutos despois. De aí o final o marcador xa non se moveu.

Preferente Galicia - Fase de Permanencia

CD Velle 2-1 Sporting Guardés

Vitoria do Velle diante do Sporting Guardés que fai que o conxunto de Peluso chegue con opción de salvación a última xornada. O Velle foi superior e proba delo foron os dous tantos anotados, un xusto antes do descanso, obra de Sergio a saída dun saque de curruncho e outro no minuto 70 obra de Vázquez que remtaba un centro na área. O Velle reclamou un penalti e anuláronlle dous tantos, que puideron ser claves para o average. O Guardés anotou o 2-1 nos instantes finais. O Velle debe agora gañar na Illa e aguardar un tropezo do Guardés ante o Valladares.

Mondariz 1-4 Nogueira

O Nogueira sigue vivo na loita pola permanencia unha semana máis, gracias a un gran partido ante un descendido Mondariz e que permite os de Bruno Gómez chegar vivos a última xornada. Os afiadores tiveron que remontar o tanto inicial do Mondariz, que se adiantaba os 2 minutos de xogo. Oli acadaba o empate antes do descanso e xa na segunda metade o Nogueira metía a directa e conseguía o triunfo con 3 novos tantos obra de Brais Pérez, Rodri e Xaco. O Nogueira ten que gañar na última xornada e agardar un tropezo do Cambados.

Valladares 4-1 Polígono

Derrota do Polígono no seu último encontro en Preferente no que caeu con contundencia ante un Valladares xa salvado e que foi moi superior aos industriais. O conxunto de Emilio Padrón aguantou moi ben na primeira metade, pero tralo descanso veuse abaixo encaixando 3 tantos. Víctor Álvarez no minuto 90 fixo o tanto da honra para o Polígono.

Club Ourense Baloncesto volve á Leb Ouro

Baloncesto

[[H4:Club Ourense Baloncesto 81–84 Enerparking Navarra]]

Derrota doce dun Club Ourense Baloncesto que regresa a LEB Ouro despois de aproveitar a vantaxe do encontro de ida e de reaccionar moi ben na volta, cando estivo contra as cordas en varios momentos clave. Os ourensáns souberon sufrir ante un rival que o puxo moi difícil. O primeiro cuarto estivo marcado polos ataques, con dous equipos que macharon ambas canastas rematado con empate 29-29. No segundo cuarto Navarra seguiu nesa liña e o COB veuse abaixo chegando o descanso 9 puntos abaixo, o que encendía as alarmas dun PAco Paz no que se deron cita máis de 4500 afeccionados. Pero no terceiro e no último cuarto o COB foi mellor, recortou as distancias e sufriu o final con dous triples de Navarra que non entraron. Carter con 28 puntos foi clave nun encontro que rematou con festa e celebración do ascenso.

Fútbol Sala

Rayo Majadahonda 7-3 Ourense Envialia

Nova derrota dun Ourense Envialia que non levanta cabeza na competición ligueira e que despediuse das últimas opcións de playoff. As locais foron moi superiores e xa mandaba o descanso por 2-0. Na segunda metade o Majadahonda faría 3 novos tantos e con 5-0 encontro, foi cando despertou o Envialia. Carla con dous tantos seguidos e Iria Saeta, metían as de Morenín no encontro, pero foi un espexismo, xa que as locais anotarían dous novos tantos para evitar calqueira reacción local.

Viaxes Amarelle 7-0 Cidade das Burgas

Derrota sen paliativos do Cidade das Burgas na súa visita ao líder, un Viaxes Amarelle que está firmando unha tempada magnífica e que goleou as verdiblancas con contundencia. As de Manolo Codeso xogaron o seu peor encontro da tempada, pero a pesar de todo, a derrota do Bembrive asegurou a presencia do Cidade das Burgas no playoff de ascenso e chegan a última xornada sen xogarse nada.

Ourense Envialia “B” 2-3 5 Coruña

Derrota do filial do Envialia ante o 5 Coruña, nun encontro no que xa non se xogaban nada as ourensás e na que as coruñesas acadaron a salvación cun partido moi traballado e desputado e que se decidiu case ao final.