Onda Deportiva Ourense - Fútbol
2 RFEF
CD Arenteiro 2-0 UC Ceares
Avisábamos na previa da importancia que tiña o encontro para o Arenteiro e os do Carballiño sumaron unha importantísima vitoria ante un rival directo na loita pola permanencia. Os de Fran Justo sairon moi metidos no encontro e rapidamente dispuxeron de boas ocasións, adiantándose no marcador gracias a un tanto de Pibe a pase de Raúl Blanco. Cun Arenteiro volcado sobre a meta rival, Uxío da Pena faría o segundo antes do descanso. Na segunda metade non variou o guión do encontro e o Arenteiro rematou con superioridade númerica trala expulsión de Pelayo no cadro asturiano. Tres puntos que non lle sirven os verdes para saír do descenso, pero que os mantén vivos na loita pola permanencia e cun encontro menos.
CD Arenteiro ten dobre cita esta semana. O mércores recibe ó Arosa SC en partido aprazado pola Covid-19 hai un par de semanas e o domingo visitan no Helmántico ó Salamanca CF UDS
3 RFEF
Silva SD 1-0 Atlético Arnoia
Derrota pola mínima dun Arnoia que a pesar das fichaxes non é quen de reverter a súa situación na táboa clasificatoria e continúa na última praza con só 9 puntos sumados. O conxunto arnoiés plantou cara a un rival da zona media alta da táboa, pero non foi quen de sumar. O Silva levou o triunfo gracias a un tanto de Álex Lorenzo no minuto 69, un tanto do que o Arnoia xa non sería capaz de reporse.
A vindeira xornada ó Atlético Arnoia recibe no seu campo ó Estradense
Noia CF 1-2 CD Barco
Triunfo moi importante dun Barco que volve a sorrir e a ocupar postos de playoff tras superar a un combativo Noia a domicilio. Un encontro no que os de Valdeorras adiantáronse por mediación de Duque, pero antes do descanso os locais acadaban o empate. Xa na segunda metade os de Javi Rey saíron coa intención de volver a porse por diante, aínda que o Noia tamén o intentaba e o partido entrou nunha fase de varias ocasións. Na última xogada do encontro Manu Morais darialle os tres puntos ao Barco tras anotar o segundo dos valdeorreses.
A vindeira semana o Barco recibe en Calabagueiros ó Viveiro CF
O Ourense CF descansou nesta xornada
O Ourense CF tocoulle xornada de descanso e a vindeira viaxan a Abegondo para enfrentarse a un dos seus perseguidores, o Fabril Deportivo
Preferente Galicia
Verín 3-0 Caselas
Reatopouse novamente co triunfo o Verín, que superou con un contundente 3-0 a un Caselas que aguantou 44 minutos sobre o céspede do Arjiz. Non obstante os tantos fixéronse agardar, pero antes do descanso Luisito inauguraba o marcador o batir o meta rival. Xa na segunda metade Hugo faría o segundo tanto para os verinenses, que acadarían o terceiro tanto na recta final gracias a un tanto de Marcos Vilachá. Un triunfo que permite os de Juanjo Vilachá manter a distancia cos seus perseguidores e seguir na loita pola segunda e terceira praza.
A vindeira semana ós de Juanjo Vilachá visitan o Lourambal para enfrentarse ó Porriño Industrial.
Cultural Areas 3-1 CD Velle
Derrota dun Velle que chegaba o encontro tras sumar 3 valiosos puntos o pasado xoves ante o Polígono, pero desta vez non puido cun Areas moi superior e que superou claramente os de Peluso. Os locais adiantábanse antes do descanso e rematarían a faena na segunda metade anotando dous novos tantos que lle daban o triunfo. O Velle segue na parte baixa e xa pensando en seguir competindo de cara a segunda volta.
A vindeira semana o Velle recibe no Monte da Aira ó Sporting Guardés.
Polígono 1-3 CD Pontellas
Nova derrota do Polígono que segue competindo e loitando, pero ao que esta primeira volta estaselle a facer moi costa arriba. Desta vez pelexaron ante un Pontellas que acabou tendo que suar para levar os tres puntos do Antonio González. Os pupilos de Emilio Padrón volveron a deixar unha boa imaxe a pesar da derrota e seguen confiando en mellorar os seus números de cara a segunda fase da liga.
A vindeira semana o Polígono visita Salceda para enfrentarse ó Caselas.
SD Nogueira 0-2 Porriño Industrial
Dura derrota do Nogueira na casa fronte a un rival directo como o Porriño que levou o triunfo da Tella ao aproveitar a súa efectividade. O Nogueira non estivo atinado de cara a porta e acabou pagándoo ante un equipo que viaxaba con baixas e varios xuvenís, pero que ainda así foron quen de levar o triunfo e cortar as aspiracións do Arnoia de alcanzar os postos de playoff.
A vindeira semana ó Nogueira ten xornada de descanso.
UD Barbadás - UD Ourense (adiado)
O partidazo que enfrentaba ó Barbadás co Ourense foi adiado por casos de Covid-19 nos ourensanistas.
A vindeira semana o Barbadás rende visita a CD Pontellas e o Ourense recibe no Couto ó Modariz
Fútbol Feminino
EFF Rosalía 0-1 UD Mos "B"
Derrota do Rosalía no seu encontro desta fin de semana no que se veía as caras co líder, o Mos. Nun encontro moi desputado e no que se vibrou co gran xogo e desplegue de ambos conxuntos, as visitantes levarían o triunfo gracias a un tanto olímpico de Candela na primeira metade. Xa na segunda parte o Rosalía buscou o empate e tivo a oportunidade nun penalti sobre Noui, pero o lanzamento de Zaira dende os 11 metros foi detido pola gardamallas visitante. O Rosalía cae a 4 praza con 28 puntos e un partido menos, que no caso de vitoria as levaría a segunda posición.
E tamén ... polideportivo