Onda Deportiva Ourense - Polideportivo
Baloncesto
Club Ourense Baloncesto
Non houbo xornada nesta fin de semana na Leb Prata pola celebración de xornada de seleccións. Club Ourense Baloncesto seguiu coa súa dinámica de adestramentos de cara o duro tramo de enfrentamentos que teñen os ourensáns nesta recta final de 2021
Este sábado o COB rende visita ó Tizona Burgos.
Solgaleo Bosco Salesianos
Solgaleo Bosco Salesianos 60-87 Universidad de Salamanca
Derrota do Solgaleo Bosco diante do líder, o Salamanca, nun encontro no que plantaron cara e tutearon durante os dous primeiros cuartos. Os ourensáns chegaron o descanso con empate 33-33, pero tralo paso por vestiarios os salmantinos apretaron e os ourensáns pagaron a súa inexperiencia. Cera con 17 puntos e Chapero con 16 os máis destacados.
A vindeira semana o filial do COB enfréntase a Claret Innoporc
Codigalco Carmelitas
Codigalco Carmelitas 93-52 Rosalía
Sétimo triunfo da tempada para un Carmelitas que sigue collendo o seu punto e sumando vitorias. Desta vez superaron practicamente dende o comezo a un conxunto o santiagués, que non foi rival para as ourensás, que no descanso xa tiñan o encontro practicamente sentenciado. O carmelitas xa é segundo na táboa.
O Codigalco Carmelitas viaxa a Gijón a vindeira xornada.
Fútbol Sala
Ourense Envialia
Navalcarnero 8 – 4 Ourense Envialia
Derrota ante o líder. Goles de Jenny Lores por partida dobre, Iria Saeta e Judith.
As ourensáns son décimas con 11 puntos. A vindeira xornada o seu rival é Torreblanca.
Cidade de As Burgas
EDF Logroño 1-3 Cidade das Burgas.
Goles de Sol, Fara e Ana.
Ourense Envialia B
Envialia B 4-3 Castro
Goles de Sandra (2), Zaide e Nuria
Sala Ourense
Santa Mariña – Sala Ourense
Partido aprazado polas condicións do campo local. O Sala Ourense é oitavo con 16 puntos.
O Carballiño empataba no seu enfrentamento (6-6) frente ó ED Vigo o que sitúa o equipo carballiñés no undécimo posto con 13 puntos.
O Pizarras Tres Cuñados caísa (7-2) na súa visita ó Begonte. Os valdeorreses son decimo quintos con 4 puntos.
Rugby
Campus Ourense
Campus Ourense 47-15 Bilbao.
Triunfo do Campus Ourense no seu estreo en Monterrei, onde xogarán como locais o que resta de tempada. A homologación provisional do campo, que en breves será definitiva fixo que o periplo por campos foráneos dos de David Monreal chegara a súa fin e para celebralo superaron con contundencia a Bilbao.
O Campus Ourense é quinto clasificado con 15 puntos. A vindeira xornada xoga co Zarautz.
O Campus Ourense uniuse ó movemento "movember" que se celebra anualmente e no que os homes deixan medrar o seu bigote durante o mes de novembro para axudar a concienciar sobre temas de saúde masculina como cancro de próstata, cancro de testículo, saúde mental, prevención de suicidios …
Voleibol
Aceites Abril Voleibol Ourense
La Curtidora 0-3 Aceites Abril CV Ourense.
Novo triunfo do CV Ourense Aceites Abril que desta vez venceu con claridade a La Curtidora, nun encontro que xa dende o comezo dominaron con claridade as de Pablo Pérez, que levaban o primeiro set po 18-25. O segundo e o terceiro tamén caerían do lado ourensán por 21-25 e 22-25. Sétimo triunfo en oito partidos.
E tamén fútbol
En Onda Deportiva Ourense achegámonos tamén a toda a xornada futbolística a traves do seguinte