Onda Deportiva Ourense - Polideportivo

A xornada no deporte ourensán da fin de semana

En Onda Deportiva Ourense repasamos a fin de semana no máis destacado do deporte de Ourense

Onda Cero Ourense

Ourense | 31.01.2022 18:31

Onda Deportiva Ourense - Polideportivo

Baloncesto

Club Ourense Baloncesto 83-80 Aquimisa Carbajosa

Undécimo triunfo dun Club Ourense Baloncesto que afrontaba o encontro con varias baixas importantes no seu esquema, pero que soubo sufrir para derrotar a un combativo Aquimisa. Empezaron dominando os visitantes ante un COB que sobreviviu o primeiro cuarto gracias aos triples de Gantt e Ventura. No segundo cuarto os visitantes seguían por diante guiados por un fantástico Pavlovic, pero Gantt e o bo facer de Aboubacar no rebote permitían o COB seguir no partido. Tralo descanso o COB apretou, guiados por un Gantt incomensurable que foi clave para que os de Armando Gómez se impuxeran nos dous últimos cuartos e firmaran a vitoria final. Gantt con 25 puntos foi o mellor do COB.

A vindeira semana Club Ourense Baloncesto viaxa para enfrentarse a Basket Navarra.

Club Ourense Baloncesto anuncioua fichaxe de dous xogadores:

Solgaleo Bosco 70-72 Chantada

Derrota do Solgaleo Bosco por un marcador moi axustado fronte ao Chantada e que frea a escalada do conxunto ourensán. Tras un primeiro cuarto de baixas anotacións, Chantada imporía a súa lei nun desastroso segundo cuarto dos ourensáns que marchaban ao descanso 18 puntos abaixo. Tralo paso por vestiarios, o Solgaleo mellorou e comezou a súa remontada con dous maravillosos cuartos, que sen embargo non lle valeron para acadar o oitavo triunfo da tempada. Pablo Rodríguez con 17 puntos e Josep Cera con 11 o máis destacado do Solgaleo.

Patatas Hijolusa 57-60 Codigalco Carmelitas

Undécima vitoria da tempada para un Carmelitas que se impuxo en terras leonesas nun encontro moi desputado e igualado ata o final. As de Suso Garrido foron relativamente mellores no primeiro cuarto no que venceron por un punto de marxe, pero as leonesas levarían o segundo tamén por un punto, chegando o descanso con empate. As ourensás impuxeron a súa lei nos dous seguintes cuartos e o triunfo non se escapou. Ana María González e Rut Iglesias con 16 puntos cada unha foron as máis destacadas do Carmelitas.

Fútbol Sala

Ourense Envialia 3-0 Joventut

Estreno do Ourense Envialia neste 2022 cun triunfo ante o colista o Joventut o que superou con claridade nos Remedios. Sara Moreno, que volvía tras lesión abría a conta das pupilas de Morenin cun tanto na primeira metade. Xa na segunda metade e co rival buscando o empate con ataque de 5 chegou o 2-0 obra de Jeny Lores e o terceiro anotaríao Bet en propia porta.

Mioño 0-3 Cidade das Burgas

Estreábase o Cidade das Burgas neste 2022 e fixoo cunha vitoria a domicilio sobre o Mioño, gracias a tres tantos de Lucía Nespereira, que liderou o ataque das pupilas de Manolo Codeso. O Cidade das Burgas segue crecendo en busca de volver a máxima categoría do fútbol sala feminino.

O partido do Ourense Envialia “B” foi suspendido por mor do coronavirus.

Ribeira 4-4 Sala Ourense

Empate dun Sala Ourense nun encontro moi desputado e no que rascaron un punto nos minutos finais. Os locais adiantábanse aos 9 segundos de xogo, no que supuxo un varapau para os de Óscar Vivián. Sen embargo, os ourensáns reaccionaron moi ben e gracias a dous tantos de Raúl Rivero e un de Fer marchaban ao descanso con vantaxe de 1-3. Na segunda metade o Ribeira foi moi superior e deulle a volta o marcador. Fer a falta de minuto e medio igualaría a contenda para o 4-4 final.

O Sala Ourense xoga mañá as 21:00 no Paco Paz os cuartos da Copa Galicia fronte o Noia.

Balonmán

Balonmán Lalín 37-19 Carnes do Ribeiro

Dura derrota do Carnes do Ribeiro na súa visita a Lalín, nun encontro no que os locais comezaron cun parcial de 4-0 e aumentarían pouco a pouco a súa vantaxe, sen dar ningunha oportunidade aos de Félix Mojón para meterse no encontro. O Ribeiro estivo moi mal no primeiro cuarto, onde tan só foi quen de anotar 7 tantos e marchou cunha desvantaxe de 13 goles o descanso. No segundo cuarto apretaron e melloraron o seu bagaxe ofensivo con 12 goles, pero non foi suficiente para achegarse no marcador o Lalín.

Rugby

Campus Ourense 54-31 Palencia

Triunfo competido dun Campus Ourense que segue crecendo e que desta vez fixo un partido moi completo en Monterrei para levar un valioso triunfo ante Palencia. Os de David Monreal superaron a un colista que chegou a Ourense con ganas de loitar, pero que se viu superado polo ímpetu do Campus. Con este triunfo os ourensáns apuntalan aínda máis a quinta praza.

Voleibol

CV Oviedo 3-1 CV Ourense

Non puido o CV Ourense Aceites Abril cun intratable líder que conta todos os seus partidos por vitorias e que superou as ourensás nun partido nas que as de Pablo Pérez costoulles encontrar o seu xogo, especialmente no primeiro set, que levou Oviedo por 25-16. Circunstancia que se repetiría no segundo, onde as ovetenses se impuxeron por 25-15. Xa no terceiro, as ourensás entraron de cheo e impuxéronse por 19-25. O cuarto set estivo marcado pola igualdade e finalmente caeu da man das ovetenses por 25-23. As ourensás deixaron boa imaxe e siguen segundas.

E tamén ... fútbol