Onda Deportiva Ourense
Preferente Galicia - Fase de Ascenso
Gran Peña 1-1 UD Ourense
O Ourense despediu a tempada con gran sabor de boca, despois de acadar o título ligueiro e o ascenso, nunha tempada no que tan só perderon un encontro. Os ourensáns despediron cun empate en Barreiro a súa andadura na Preferente. Champi adiantaba aos vermellos cun tanto dende a frontal aos 5 minutos de xogo. No 25 chegaría o empate do Gran Peña e o marcador xa non se movería máis. Na segunda metade, Isi estrelou un balón no longueiro na xogada máis clara e que puido romper o marcador.
Umia 2-2 Barbadás
Valioso empate do Barbadás en Umia, que lle permite os de Agustín desputar a vindeira fin de semana fronte a Sarriana o encontro que decidirá cal dos dous terceiros desputa a Copa do Rei. Os azulóns comezaron moi ben e aos 16 minutos xa vencía por 0-2, gracias aos tantos de Isma e José Ramón. Antes do descanso, os locais recortaban as diferenzas e xa na segunda metade volcáronse sobre a meta de Atanes. Toño perdonou o 3-1 e xa no desconto o Umia igualaría a contenda dende o punto de penalti, pero o Barbadás valeulle o punto para meterse na loita pola Copa.
Pontevedra B 4-1 Verín CF
Derrota do Verín no seu último encontro da tempada. Os de Vilachá non tiveron o seu día e viron como o filial granate se puña por diante aos poucos minutos do comezo, gracias a un tanto de Guisande. Antes do descanso, o Pontevedra “B” anotaría dous novos tantos, facendo imposible calqueira remontada do Verín. Na segunda metade Xoel recortaría distancias, pero instantes despois chegaba o 4 e definitivo dos granates que sentenciaba o partido.
Preferente Galicia - Fase de Permanencia
Céltiga 2-3 Velle
Vitoria do Velle na Illa, pero que foi insuficiente para que os de Peluso acadaran a salvación, xa que o triunfo do Guardés evitou calqueira opción dos de Monte da Aira. O conxunto vellaco xogou un gran encontro, a pesar de comezar por detrás, soubo sufrir e darlle a volta ao encontro e cun tanto de Martín Caneiro e outro de Luís Vázquez, marchaban ao descanso vencendo por 1-2. O Céltiga igualaría na segunda metade, pero Caneiro novamente faría o 2-3 definitivo a falta de 10 minutos. A pesar da vitoria o gol average perdido co Guardés provoca o descenso do Velle.
Nogueira 2-5 Porriño Industrial
O Nogueira chegaba a última xornada con esperanzas e precisaba gañar e que non o fixera o Juventude de Cambados, pero finalmente non se deu nin unha cousa nin a outra. Brais adiantaba os de Bruno Gómez o pouco de comezar o encontro, pero o tanto espabilou a un Porriño que anotou dous tantos antes do descanso. Trala reanudación chegarían dous novos goles dos porriñeses que deixaban o encontro practicamente sentenciado. Xacobo recurtou diferenzas, pero o Porriño faría o quinto e definitivo, condenando o Nogueira a baixar a primeira autonómica.
Fútbol Sala
Penya Espluges 2-1 Ourense Envialia
Derrota do Ourense Envialia ue segue na súa xeira negativa a falta de dúas xornadas para o final da competición ligueira. O conxunto de Morenín deixouse remontar ata o Penya Espluges., que está a loitar pola permanencia. Marta adiantou as ourensás na primeira metade, pero as catalanas anotarían dous tantos na segunda parte para remontar o encontro.
Cidade de As Burgas 9-2 Mioño
Goleada contundente do Cidade das Burgas no último encontro da fase regular, onde xa non se xogaban nada despois de asegurar a pasada semana a súa presencia no playoff. Os goles foron obra de Clara, que veu porta ata en 3 ocasións e de Sonia, Amelia, Nerea, Ana, Kiko e Sol. As de Manolo Codeso agardan agora rival para a vindeira fin de semana.
Club Deportivo Promesas 2-2 Ourense Envialia B
O Envialia “B” despediu a tempada cun empate a domicilio e que fai que as ourensás rematen a tempada na 9 posición. O obxectivo da permanencia cumprido e agora toca seguir formando xogadoras.