Futbol Sala Femenino

O Ourense Ontime levase un equilibrado partido ante o Alcantarilla

Con este resultado o Ourense Ontime, sube o aitavo posto.

Óscar Gómez

Ourense |

O Ourense Ontime levase un equilibrado partido ante o Alcantarilla
O Ourense Ontime levase un equilibrado partido ante o Alcantarilla | La Región

Partido moi equilibrado entre o Ourense Ontime que loitaba pola oitava praza e unha Alcantarilla que facía o propio pola sexta praza. A primeira ocasión clara chegou de Bet nun remate exterior e despois Ontime nun remate de Candela e outro de Marta que non atopaba o camiño cara á portería. Vero de lonxe fixo traballar moito a Irene Franco, consolidándose como bastión visitante, e Soares fixo o propio con Miriam.

Deste xeito, chegouse ao descanso con todo por decidir. O segundo acto non pareceu cambiar a igualdade sobre a madeira, ata que, aos 9 minutos da reanudación, o remate de cabeza de Blanca no seu intento de despexar marcou a súa propia meta no primeiro tanto do encontro. A LBTL foi acusada de catro faltas pouco despois e aos 33 minutos, Raquelilla marcaba o 2-0, a pase de Sara Moreno nunha gran xogada pola banda dereita de Chiky.

Xa con cinco faltas, o Alcantarilla viuse obrigado a optar polo xogo de cinco con Pao no seu intento de buscar unha reacción final. O broche de ouro do encontro púxoo a cordobesa Sara Moreno dende os dez metros para dar a vitoria o equipo ourensán.

Ourense Ontime: Sara Soares; Candela, Raquel, Jenny Lores y Zaide (quinteto inicial). También jugaron, Chiky, Vero, Clara, Marta, Sara Moreno y Ana Rivera.

Alcantarilla: Irene Franco, Ana Belén, Anita Pino, Melli y Pao (quinteto inicial). También jugaron, Bet, Blanca, Miriam, Carmen y Ester.

1-0, min. 29 Blanca (propia puerta)

2-0, min. 33 Raquelilla

3-0, min. 40 Sara Moreno (diez metros)