Invasión Vermella
Fase de Ascenso a 3 RFEF
O domingo ás 12:00 da mañá o Ourense ten a primeira opción de ascenso á 3 RFEF no partido que enfrentará os de Jorge de Dios co filial do Pontevedra CF. O club que preside Fernando Currás convidou por RRSS a afección ourensanista a acompañar ó equipo desde o mesmo estadio do Couto cos autobuses que estarán a disposición dos afeccionados que se apunten.
Plan de Viaxe da UD Ourense
- Saída do campo de O Couto o domingo ás 8:45 horas
- Partido as 12 horas no campo de Meis
- Importe da viaxe: 10 € (entrada incluida)
- Volta ó remate do partido
- Reserva de prazas nos teléfonos 604056168 ou 626233256 (so WhatsApp) ou nas oficinas de 17 a 20 horas.
A UD Ourense conta co apoio da empresa ourensá Solgaleo que durante ás dúas últimas temporadas converteuse nun dos principais patrocinadores do club vermello.
As contas do ascenso do Ourense a terceira federación
- Se gaña ó Pontevedra B ascende de categoría
- Se empata e non gaña o Barbadás (tamén nunha gran situación para acadar o ascenso) o domingo pola tarde en Vilalonga tamén ascende. Se empata e gaña o Barbadás, o Ourense precisa outro punto máis nos dos partidos (Vilalonga e Gran Peña) que quedan para rematar a temporada.
- Se perde co Pontevedra B precisa 2 puntos nos partidos restantes.
En calquera caso, a UD Ourense está nunha posición ideal para acadar o cambio de categoría e subir á 3 RFEF.
Clasificacion Preferente Galicia 2ª FASE ASCENSO GRUPO C SUR