Motor

Senra e Vázquez os mellores no Rallye de Pontevedra

Víctor Senra e David Vázquez, nesta ocasión aos mandos de un Skoda Fabia Rally2, foron os vencedores do Rallye de Pontevedra, quinta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes.

Óscar Gómez

Ourense |

Senra e Vázquez os mellores no Rallye de Pontevedra
Senra e Vázquez os mellores no Rallye de Pontevedra | onda cero

Senra e Vázquez foron dominadores dende o primeiro treito cronometrado do venres (56:38.457), nunha proba marcada polas altas temperaturas na comarca e na que se fixeron ademáis, co Supercampionato R5 Pirelli Recalvi.

Nesta ocasión, os segundos clasificados da proba pontevedresa foron Alberto Otero e Jordán Vázquez, no Citroën C3 WRC, mentres que o terceiro chanzo do podio foi a parar a mans de Dani Berdomás e Brais Mirón, no Peugeot 208 T16 R5.

Jorge Pérez e Miriam Vera foron cuartos clasificados, mentres que un dos equipos favoritos ao triunfo na xeral formado por Alberto Meira e Avelino Martínez finalizaron na quinta plaza, penalizados por unha picadura dun pneumático nos treitos da mañá.

Na Top Ten Pirelli Driver B, primeira posición para Adrián Campaña e Manuel Raido, con Abel Pampillón e José Lage e José Lamela e Unai Conde completando o podio. Raúl Martínez e Bruno Pérez firmaron o triunfo na Top Ten C. Guillermo Martínez e Nacho Sayans foron segundos e Álvaro Castro e Isidro Rey, terceiros.

No Clio Trophy Galicia, certame que comezou esta fin de semana, triunfo para Álvaro Castro e Isidro Rey. A continuación, Iván e Diego Vázquez e terceiros Joaquín Rasilla e Borja Rasilla, estos dous últimos ascendendo un posto logo da descalificación dos segundos clasificados Marcos Sanromán e Daniel Rodríguez logo de atopar unha irregularidade no seu Renault Clio nas verificacións finais da carreira realizadas polos técnicos deste formato promocional.

Sergio Otero e Noel Claro obtiveron o triunfo na Pirelli AMF, seguidos de Jacobo Segado e Noel Claro e Francisco Pazos e Adriana Álvarez. Por último, na estrea da Sandero Eco Cup Galicia, primeiro posto para Santi Pais e Sergio Cancela. A continuación Yago Martínez e Eloy Lorenzo co Dacia da Deputación de Pontevedra e Adrián Blach e Iván Carmona.

A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes será no mes de xuño, con motivo do Rallye Comarca do Carballiño.