Onda Deportiva Ourense - Polideportivo

Toda a xornada no deporte ourensán

A fin de semana e a ponte festivo deixáronnos unha grande cantidade de partidos en todas as disciplinas deportivas

Onda Cero Ourense

Ourense | 09.12.2021 11:31

Onda Deportiva Ourense - Polideportivo

Baloncesto

Hereda Club Ourense Baloncesto

Tizona Burgos 80-74 Club Ourense Baloncesto

Primeira derrota da tempada dun Clube Ourense Baloncesto que competiu e deu a cara en Burgos, levando o encontro a prórroga, onde finalmente os locais rematarían por facerse co triunfo. Os ourensáns foron superiores nos dous primeiros cuartos, pero nun terceiro cuarto no que os de Armando Gómez non estiveron atinados, permitiulle aos locais porse por diante. Xa no cuarto cuarto, o COB forzaría a prórroga, na que Burgos estivo máis atinado en ataque e defensa.

Este sábado as 8, os ourensáns enfróntanse a Taldea, nun auténtico choque de trens entre primeiro e segundo, ambos igualados en 7 vitorias e 1 derrota. O conxunto de Amorebieta chega a cita cunha xeira de 4 vitorias consecutivas, fronte a un COB que ven de perder o seu primeiro encontro e quererá recuperar a senda do triunfo diante da súa afección.

Solgaleo Bosco Salesianos Ourense

Claret Innoporc 65-69 Solgaleo Bosco

Triunfo do Solgaleo Bosco a domicilio ante un dos rivais directos como o conxunto segoviano de Claret. Os pupilos de Raquel Salgado sairon moi motivados, a pesar de contar con baixas importantes como Cera, Sima ou Sequeiros. Un gran terceiro cuarto permitiu o Solgaleo remontar o encontro e abrir distancias. Destacar os 22 puntos e 8 rebotes de Lionel Kouadio

Solgaleo Bosco 78-66 Leclerc Caja Rural

E no encontro do mércores chegou o quinto triunfo do Solgaleo Bosco que superou por 12 puntos a Leclerc Caja Rural, nun encontro moi desputado e completo por parte dos ourensáns, que se decidiu finalmente no derradeiro cuarto. Vitoria importante ante o segundo clasificado da liga. Destacar a Josep Cera que con 21 puntos e Chapero con 16 lideraron o conxunto ourensán.

Este sábado os ourensáns visitan a cancha de Corinto Gijón en busca do terceiro triunfo consecutivo que os aúpe na táboa ante un rival da parte baixa.

Codigalco Carmelitas

Universidade de Oviedo 65-71 Codigalco Carmelitas

Triunfo importante do Carmelitas no primeiro encontro da minixira asturiana desputada polas pupilas de Suso Garrido. No primeiro encontro superaron con claridade o conxunto ovetense, especialmente cun inicio arrollador e cun terceiro cuarto que cimentou o triunfo. Regina Gómez con 25 puntos liderou o ataque das ourensás.

Fodeba Gijón 61-51 Codigalco Carmelitas

E no segundo encontro do Carmelitas en terras asturianas, as pernas pesaron e o cansancio acumulado do día anterior pasou factura. Un encontro na que as ourensás pelexaron ata o final e estiveron a piques de levar o triunfo, pero no último cuarto o poderío de Gijón e o cansancio fixeron mella no Carmelitas.

O Domingo as 12:00 horas reciben ao conxunto galego do Seis do Nadal, nun derbi para seguir escalando posicións.

Fútbol Sala

Ourense Envialia 1-1 Torreblanca

O equipo de Morenín acadaba un punto debido o seu empate na casa frente a Torreblanca, o gol das ourensáns foi obra de Laura Uña.

O sábado visitan o Poio. O Ourense Envialia ocupa a décima posición con 12 puntos

Cidade das Burgas 7-1 Gora Bilbo

Contundente victoria do equipo adestrado por Manolo Codeso. As goleadoras verdibrancas foron Clara (3), Sonia (2), Fara e Aroa

O Cidade das Burgas e cuarto clasificado con 16 puntos.

Universidad de Salamanca 2-6 Ourense Envialia B

Gole de Susana por partida dobre, Zaide, Nuria, Vega e un tanto en propia porta.

Oitavas con 9 puntos.

COPA DA RAÍÑA

Cidade das Burgas – Ourense Envialia

Intenso derbi o vivido na tarde do mércores entre Cidade das Burgas e Ourense Envialia. O partido rematou con empate a tres goles e no tempo extra un gol do Envialia daba a clasificación para a seguinte rolda as xogadoras de Gonzalo Iglesias "Morenín" o imporse definitivamente por un resultado de 3-4

Sala Ourense 3-3 Ventorrillo

Empate que lle soubo a pouco a un Sala Ourense, que empezou gañando gracias aos tantos de Bermejo e Gus, pero que viu como o rival apretaba na segunda metade e recortaba diferenzas. Guerra fixo o 3-1, pero dos minutos despois igualaba o Ventorrillo, que empataba no último suspiro.

O domingo as 12: enfróntanse fora da casa ao Parrulo B. Son sétimos con 17 puntos e un partido menos.

COPA GALICIA MASCULINA

Coruxo 4-5 Sala Ourense

Triunfo no encontro copeiro dun Sala Ourense que se impuxo no último minuto, nun partido moi competido, a pesar de que os de Óscar Vivián chegaron a ir 0-3 aos 10 minutos de choque. O descanso o resultado era de 1-4, pero o Coruxo saiu moi metido no encontro e chegou a igualar. Un tanto de Alli de dobre penalti, deulles o pase os ourensáns.

Balonmán

Carnes do Ribeiro 26-27 Calvo Xiria

Derrota do Carnes do Ribeiro no seu regreso as canchas, despois de dúas semanas de parón por mor de casos de coronavirus, que impediron os de Ribadavia desputar dous encontros ligueiros.

O sábado nova oportunidade de volver a senda do triunfo na súa visita o conxunto canario de La Laguna, o sábado a partir das 6 da tarde.

Son duodécimos con 6 puntos e 2 encontros menos.

Voleibol

Aceites Abril CV Ourense 3-0 Universidad de Salamanca

Novo triunfo do CV Ourense Aceites Abril que desta vez venceu con claridade ao Universidade de Salamanca, nun partido na que as ourensás levaron os 3 sets por 25-20, 25-9 e 25-19.

Este sábado as 8 as de Pablo Pérez reciben no Pompeo ao Cisneros Alter en busca do oitavo triunfo da tempada.

Son segundas con 23 puntos.

E tamén fútbol