O mércores día 10 de xullo cúmplese o décimo aniversario da Unión Deportiva Ourense, o club fundado despois da desaparición de Club Deportivo Ourense polos seus afeccionados.
10º aniversario U.D. Ourense
En Onda Cero Ourense celebrámolo con un podcast con 10 capítulos, un por cada ano coa colaboración de Fondo Vermello, ou o que é o mesmo, con Martín López Rois e Miguel Gil que nos farán un resumo de cada un dos anos de historia, coa Imaxe da Tempada que nos traerá en cada capítulo Yedra Seara, fotógrafa oficial da U.D. Ourense desde a súa fundación.
Ademáis cada capítulo terá un tema destacado:
- Desaparece o Ourense, nace o Ourense: Un espantoso ano 2014 levou a desaparición de CD Ourense aínda que na realidade durante moitos anos parecía que iba chegar este fatídico momento. No mes de xuño os seguidores do club ourensán reuníronse nunha plataforma (SOS CD Ourense) que tiña o obxectivo da salvación do club, non o conseguiron pero foi o xerme dun novo club, nacía a Unión Deportiva Ourense. Desaparecía o Ourense (CD Ourense) pero nacía o Ourense (UD Ourense) porque cómo decía o Doutor Cabaleiro o corazón ourensanista transplantábase de un club ó outro.
- O Ourense percorre a provincia: O Ourense comenzaba o seu percorrido deportivo na última categoría do fútbol español, a oitava categoría, naquel momento chamada "3ª Autonómica". O primeiro equipo vermello chegaban xogadores que estiveran en CD Ourense e que a pesar de ter as botas xa colgadas decidiron facer un último servizo á causa vermella. Foron 3 anos de desplazamentos masivos pola provincia de Ourense, 3 anos enchendo campos de fútbol, 3 anos expandindo o ourensanismo por toda a provincia de Ourense. Foron 3 anos e 3 ascensos que levaban ó Ourense a Preferente Galega.
- O Ourense namora Pontevedra: Na tempada 2017-18 o Ourense comenzaba a súa aventura fóra da provincia de Ourense na rexional preferente. O Ourense cambiaba por primeira vez de adestrador (Fernando Currás sustituia a Antonio Dacosta) e chegaban históricos do último ano de CD Ourense como Pato Guillén, Pablo Corzo ou o último capitán vermello, Josu así cómo xogadores destacados que estaban no Barbadás (Alfredo, Germán, Oli ou Luis González) que estaba unha categoría por encima, a terceira división. O obxectivo era acadar o ascenso á primeira tentativa, costoulle ó Ourense pero conseguiuno nunha última xornada épica en Atios.
- A travesía do Ourense pola terceira división: O Ourense chegaba ó lugar onde lle correspondería xogar ó seu antecesor (CD Ourense estaba en 2 B cando desapareceu pero un descenso administrativo descendiao á 3ª división). Visitaría campos históricos como A Malata ou San Lázaro e no seu primeiro ano en terceira pasou ata marzo en postos de play off de ascenso, o soño parecía que continuaba pero non foi así. No último tercio de liga o equipo deu un baixón deportivo que impediu xogar ó play off de ascenso. Os anos en terceira división (ahora terceira federación) están sendo unha montaña rusa de emocións (con descenso e posterior ascenso incluído). A terceira división pasou de ser a cuarta a ser a quinta categoría do fútbol español despois do COVID. Polo Ourense de teceira división pasaron 3 presidentes (Modesto García, Ramón Dacosta e Fernando Currás) e 3 adestradores (Fernando Currás, Jorge de Dios e Borja Fernández). Nas últimas dúas campañas o Ourense xogou o play off de ascenso a 2 RFEF quedando eliminado no primeiro ano polo Arosa e no segundo polo Gran Peña (naquel momento segundo filial do RC Celta). No seu ano número 11 o Ourense parte co obxectivo claro e declarado do ascenso de categoría.
- Presidir o Ourense: Na súa historia o Ourense tivo 3 presidentes desde a súa fundación. Modesto García foi o primeiro presidente vermello desde a fundación no verán de 2014 ata 2019. No verán de 2019 Ramón Dacosta collería o club con algún membro da anterior directiva e permanecería no cargo dous anos, sen dúbida o máis complicado con unha pandemia por medio. No verán de 2021, Fernando Currás que era o adestrador do primeiro equipo renunciaba o seu cargo e convertíase en presidente de Ourense que acaba de descender á Preferente Galega.
- Xogar no Ourense: A maioría dos xogadores que vestiron a camiseta da U.D. Ourense sorprendéronse do apoio social que recibiron, especialmente nos desplazamentos. Para moitos xogar no Ourense foi unha experiencia completamente diferente a que viviran anteriormente. Algúns foron fundamentais na fundación do club (Adolfo, Xurxo, Ramón Dacosta, Santi, Victor Arias, Roberto Almeyda ...), outros nos sucesivos ascensos de categoría (Omar, Pablo Corzo, Rubén Durán, Tito Currás, Pato Guillén, Rubén Arce ...) e outros simplemente chegaron de outros clubes (Hugo García, Joni, Varo, Gabi Sanín, Champi, Luismi, Alex Cobo ...) para convertirse en lendas vermellas e colocar ó Ourense onde lle corresponde.
- Adestrar ó Ourense: En 10 anos de historia a U.D. Ourense tivo 4 adestradores (agás os períodos de interinidade entre algún deles) e pode presumir de ser un dos poucos clubes que non destitiui a ningún adestrador na súa historia. O primeiro adestrador, Antonio Dacosta, foi chave na fundación do club en 2014. Dacosta viña de ser adestrador de porteiros en CD Ourense e baixou ata a oitava categoría para convertise no primeiro adestrador na historia do novo Ourense. Acadou 3 ascensos consecutivos e deixou ó equipo despois de ascender á Preferente Galega. O segundo adestrador da historia foi Fernando Currás (histórico futbolista de CD Ourense e que antes de coller o primeiro equipo vermello adestrou o xuvenil). Debutou na preferente galega e viviu un ano complicado pero que rematou coa que posiblemente foi a maior festa do ourensanismo, o ascenso á terceira división en Atios. Currás, como adestrador, estivo 4 tempadas deixando ó equipo na preferente despois do descenso o ano do Covid, pasaría a ser presidente. Jorge de Dios sería o terceiro adestrador do Ourense, sucedía no banquillo vermello o que sería o seu presidente (Fernando Currás) e a primeira nunha brillante tempada conseguía o ascenso da preferente á nova 3ª RFEF. Na súa primeira tempada en terceira xoga o play off de ascenso a 2 RFEF caendo frente ó Arosa. Na seguinte tempada (a que acaba de rematar) o propio Jorge de Dios decide dimitir ó considerar non ser quen de levar ó Ourense o obxectivo do ascenso de categoría. O cuarto adestrador do Ourense é Borja Fernández (histórico futbolista nacido en Ourense) colleu ó Ourense a falta de 7 xornadas para rematar a tempada 2023-24 e co equipo con graves problemas de confianza. A dinámica mudou completamente e o Ourense xogou o play off de ascenso con unha mentalidade completamente diferente e con moitas opcións de ascenso. Na primeira eliminatoria superou ó Arosa pero caeu na segunda frente ó Gran Peña. En 2024-25 tentará de novo o cambio de categoría.
- Patrocinar ó Ourense: Unha das chaves do éxito (ou da falta de éxito) dun club deportivo é a presencia de patrocinadores. O Ourense (con dúas denominacións diferentes) pasou no verán de 2014 de xogar en Segunda División B a xogar na 3ª autonómica (5 categorías máis abaixo) pero co mesmo sentimento. Coñecemos desde o punto de vista dos responsables do club en publicidade e dos patrocinadores como é esta figura nun club tan especial cómo é a Unión Deportiva Ourense.
- Ser seguidor do Ourense: O afeccionado é o máis importante nun club de fútbol pero nun club cómo o Ourense se cabe aínda máis. Os afeccionados foron os que crearon o club no verán de 2014, foron os que o dirixiron desde os inicios ata a actualidade e son os que van a decidir o camiño que ten que levar a Unión Deportiva Ourense. Nos 10 anos do club vermellos os aficionados protagonizaron momentos épicos como desplazar a 700 personas a Peroxa para un partido de 3ª autonómica, encher a bancada de tribuna do Couto tamén en 3ª rexional, ou levar en torno a 1.000 personas no último partido desputado no play off de ascenso en Barreiro a pesar de non ser unha eliminatoria definitiva. O seguidor do Ourense é paixonal cómo o club o que apoia.
- O futuro do Ourense: O Ourense estalle costando sair deportivamente da 3ª RFEF pero o seu futuro está claramente fora de ahí. O Ourense chegará onde queiran os seus afeccionados porque eles serán os que empuxarán tanto o equipo nos terreos de xogo como as empresas e institucións para apoiar un proxecto polo que apostaron moitos seguidores do fútbol en Ourense e que sen dúbida merecen vivir grandes experiencias en outras categorías.
Escoita os capítulos xa publicados
👇👇👇
Capítulo 1: "Desaparece o Ourense, nace o Ourense"
Capítulo 2: " O Ourense percorre os campos da provincia de Ourense"