Onda Deportiva Ourense
2 RFEF
CD Arenteiro 0-0 Navalcarnero
Empate do Arenteiro, que lle serve aos do Carballiño para confirmar a súa presencia na categoría unha tempada máis, despois dun 2022 no que lle deron a volta a un mal comezo de competición. Os de Fran Justo xogaron un partido moi completo ante un rival da parte alta e moi ben plantado defensivamente. O encontro estivo marcado pola igualdade e por dous equipos que gozaron de boas ocasións para romper o resultado inicial, pero a pelota non quixo entrar na meta rival. Os madrileños foron mellores na primeira metade e os do Carballiño na segunda e finalmente un punto para cada equipo e o Arenteiro seguirá unha tempada máis na segunda RFEF.
3 RFEF
Ourense CF 1-0 CD Barco
A final ourensá do playoff de ascenso en Galicia caeu de lado do Ourense CF, nun encontro igualado e que se decidiu na segunda metade gracias a un tanto de Gabri Palmás, despois de un rexeite do gardaredes do Barco. Tras unha primeira metade na que non houbo grandes ocasións, máis aló dun balón nas botas de Jerín que detivo Arias, na segunda metade abriuse o encontro e tras o tanto dos de Rubén Domínguez, o Barco foise arriba na procura do empate, pero non foi quen de perforar a meta rival para igualar a eliminatoria. O Ourense CF métese na fase final e agarda rival para o último encontro e definitivo na procura do salto de categoría.
Preferente Galicia Fase de Ascenso
UD Ourense 2-0 Portonovo
Vitoria do Ourense que se achega máis o ascenso e que podería confirmar o vindeiro fin de semana en Pontevedra en caso de vitoria. Os vermellos tiveron que sufrir ante un rival incómodo e que ata o de hoxe foi o único capaz de vencer o Ourense no que vai de tempada. O conxunto de Jorge De Dios xogou un partido moi completo e os goles acabaron chegando na segunda metade. O primeiro obra de Varo e o segundo de Hugo García de penalti que deixaron os 3 puntos na casa e achegan o ascenso a Terceira.
Barbadás 2-1 Pontevedra B
Triunfo de prestixio dun Barbadás que noqueou a un rival directo e que remontou un partido que se lle puxo adverso no minuto 4, trala expulsión por vermella directa de Collegari. O filial granate adiantouse no marcador na primeira metade, pero o Barbadás daríalle a volta cunha gran segunda parte. No 56 anotaba Isma Martínez o empate e no 67 Toño Nespereira culminaba a remontada. O Barbadás quedou con 9 no desconto pola expulsión de Iago Varela, pero con este triunfo supera a un rival directo, sitúase terceiro a dous puntos do Gran Peña.
Verín 0-1 Gran Peña
Derrota do Verín, que vendeu cara a súa pel ante un Gran Peña ao que só lle valía o triunfo e logrouno cun tanto nos minutos finais, despois dun partido moi desputado e no que os de Juanjo Vilachá mereceron mellor sorte. Era a última oportunidade de engancharse arriba dun Verín que con esta derrota queda fora da loita pola Copa e o ascenso, pero aínda lle restan 3 xornadas para rematar o máis arriba posible.
Preferente Galicia Fase de Permanencia
Nogueira 4-1 Xuventude Sanxenxo
Importante triunfo dun Nogueira que salvou o seu primeiro matchball para evitar o descenso e que pese a vitoria segue ocupando estos postos, aínda que con opcións de salvación. Os de Bruno Gómez xogaron un partido moi completo e noquearon a un rival que se veu superado en ganas e ocasións. Iván Otero adiantaba os de Luintra antes do descanso e tralo paso por vestiarios chegou o vendaval local. Gregorio facía o 2-0 no 50, Iván volvía a anotar no 77 e Carlos Alonso puña o 4-0 no 79. Un tanto en propia porta de Carlos Alonso puxo o 4-1 definitivo nos minutos finais.
Sporting Guardés 6-1 ACD Polígono
O Polígono caeu con contundencia na súa visita o Sporting Guardés e certifica o seu descenso de categoría. Os de Emilio Padrón nada puideron facer ante un rival moi enchufado e que goleou con contundencia os industriais. Rubén Villamarín fixo o tanto da honra para o Polígono nos minutos finais.
Baloncesto
Club Ourense Baloncesto 74-71 Clavijo
Triunfo do Club Ourense Baloncesto nun partido que foi de menos a máis, no que soubo sufrir e estar a altura e no que se repuxo tras un comezo dubitativo. Clavijo comezou dominando, sabedor de que precisaba gañar e de que a vantaxe dos ourensáns era pouca e chegou ao final do primeiro cuarto con vantaxe de 5 puntos. O COB reaccionou no segundo cuarto, onde se puxo por diante e vencía por 4 puntos ao descanso. Tralo descanso, chegaron dous cuartos distintos, un terceiro no que ambos equipos estiveron máis atinados en ataque que en defensa e un último cuarto de marcadores baixos, pero que lle permitiron o COB vencer e seguir invicto nos playoff, achegándose a semifinais, e a eliminatoria que decidirá un ascenso ante Navarra. Cartes 19 e Dukanovic 17, os mellores do COB.
Fútbol Sala
Ourense Envialia 1-5 Burela
Derrota do Ourense Envialia nos cuartos de final da Copa da Raíña, ante un Burela que a postre sería o campión do torneo. As de Morenín foron superiores nos primeiros compases de xogo, pero perdoaron e o Burela con dous tantos nos minutos 12 e 13 encarrilou un encontro, que a pesar deses dous goles de vantaxe resolveuse nos últimos 3 minutos, cando o Burela anotou 3 novos goles e Jeny Lores o da honra para o Envialia que regresa para a vindeira semana a competición ligueira.
Sala Ourense 6-4 Albense
Triunfo do Sala Ourense no seu último encontro ligueiro da tempada, que culminou coa salvación do conxunto adestrado por Kike García, que realizou un final de tempada espectacular, acabando na zona media alta. 2 goles de Guerra, 1 Raul, 1 de Iago, 1 de Allariz e outro de Aarón serviron para que o Sala Ourense finalice a tempada con 7 vitorias consecutivas.
Balonmán
Carnes do Ribeiro 25-23 Carballal
Triunfo importantísimo do Carnes do Ribeiro no Consello que o saca dos postos de descenso a falta de dous encontros para finalizar a Liga. Os de Felix Mojón impuxéronse a un combativo Carballal que comezou mellor e chegou a ter unha vantaxe de 4-8 ao comezo do encontro. O Ribeiro, espoleado pola úa afección deulle a volta o encontro antes do descanso, cando xa mandaba por 14-12, tras 22 minutos nos que só encaixoy 4 tantos e anotou 10. Na segunda parte os de Ribadavia mantiveron as vantaxes, facendo que o Carballal non se metese no encontro. Ao Carnes do Ribeiro réstanlle dous encontros, namentres que o resto de conxuntos tan só un, polo que lle basta sumar 1 punto de 6 para salvarse.