Onda Deportiva Ourense - Polideportivo
Baloncesto
Club Ourense Baloncesto 76-61 Clavijo
Triunfo do Clube Ourense Baloncesto nun partido que comezou arrollando cun primeiro cuarto excelente no que anotaron 30 puntos e tan só concederon 10 puntos. Gantt e o xogo interior lideraban aos ourensáns nese primeiro cuarto, pero no segundo o nivel baixou, permitindo a Clavijo meterse no encontro, por mor de erros propios do conxunto de Armando Gómez. Djukanovic e a defensa permitiron os ourensáns marchar ao descanso con vantaxe. Trala reanudación non houbo un claro dominador e concedéronse poucos puntos e ahí o COB foi mellor e levou a vitoria para seguir líder. Destacar a actuación de DJukanovic con 19 puntos.
Santo Domingo 84-73 Solgaleo Bosco
Nova derrota do Solgaleo Bosco que desta vez non foi quen de superar ao Betanzos e perde un partido clave ante un rival directo. Os ourensáns comezaron moi mal nos dous primeiros cuartos, onde estiveron moi destanidados en ataque e non puideron frear as acometidas rivais en defensa. Tralo paso por vestiarios, o Bosco mellorou, pero as vantaxes eran xa moi altas. Tentárono ata o final os ourensáns, pero non foron quen de remontar. Cera con 26 puntos e Guerra con 17 foron os mellores do Solgaleo.
Codigalco Carmelitas 62-51 Universidad de Oviedo
O Carmelitas segue loitando por manterse nos postos de cabeza e o sábado vencía a Oviedo nun encontro moi traballado e igualado e no que as pupilas superaron a un rival directo, ao que deixan a dúas vitorias e gáñanlle o average. As de Suso Garrido levaron a vantaxe dende o comezo e coa gran actuación de Malena con 17 puntos e Rut con 12 foron as máis destacadas do Carmelitas.
Codigalco Carmelitas 95-48 Innobasket Avilés
E 24 horas despois o Carmelitas sumaba outro importante triunfo ante o Avilés, que non tivo ningunha opción ante o poderío das ourensás que dominaron o encontro de principio a fin. O partido quedou encarrilado cun parcial de 28-9 e o marcador o descanso era xa de 54-24. Na reanudación o marcador seguiu a mesma tónica e as de Suso Garrido practicamente dobraron no marcador as súas rivais.
Fútbol Sala
Aprazado o partido entre Ourense Envialia e Burela Pescados Rubén
Cidade das Burgas 5-0 Universidad de Salamanca
Novo triunfo dun Cidade das Burgas que segue intratable, que se manteñen segundas tralo Viaxes Amarelle e que loita por volver a máxima categoría. Nesta ocasión golearon a un Universidade de Salamanca que non foi rival. 2 tantos de Amelia, 1 de Sol, 1 de Clara e outro de Kiko permiten as de Manolo Codeso seguir na segunda praza e amosando que todo apunta a ascenso a final de tempada.
Bembribre 3-2 Ourense Envialia B
Volvía a competición o Ourense Envialia “B” despois de varias semanas de parón por mor da COVID e desta vez tocou derrota. As ourensás pagaron o parón obrigado das últimas xornadas, e a pesar de competir ata o final, non puideron sumar nada positivo en Bembibre
Sala Ourense 3-3 Cidade de Narón
Empate dun Sala Ourense que parece incapaz de retornar a senda do triunfo e que tan só foi quen de sumar un punto no Paco Paz. Os de Óscar Vivián adiantábanse nada máis comezar o encontro, gracias a un tanto de Guerra que establecía o 1-0 co que se chegaba ao descanso. Na segunda metade Bermejo anotaba o 2-0, pero tres minutos para esquecer permitían ao Cidade de Narón darlle a volta o encontro e porse 2-3. Alex no 38 permitiu os ourensáns sumar un punto para seguir fóra dos postos de descenso.
Oscar Vivián, adestrador de Sala Ourense presentou a dimisión do seu cargo. O banquillo do equipo ourensán será ocupado de forma provisional polo técnico do filial.
Balonmán
Carnes do Ribeiro 26-29 OAR Coruña
Derrota do Ribeiro, que plantou cara o segundo da clasificación, o OAR Coruña que tivo que sufrir moito para levar o triunfo do Consello. OS de Felix Mojón dominaron ante o minuto 38, cando os coruñeses se puxeron por diante. O Ribeiro vencía ata entón, pero os coruñeses impuxeron a súa potencia para acabar sumando o triunfo. Destacar os 13 goles de Jacobo Rodríguez que aínda así non foron suficientes para sumar ante un dos favoritos da categoría.
Rugby
Campus Ourense 19-23 Gaztedi
Axustada derrota dun Campus Ourense que disputou o seu primeiro encontro da segunda volta ante un rival que chegou a Monterrei con clara intención de sumar a vitoria e que acabou levando, pero nun encontro moi competido e no que os David Monreal pelexaron ata o final por tratar de sumar, pero non foi suficiente e o Campus Ourense suma a primeira derrota desta segunda fase da liga.
Voleibol
CV Ourense Aceites Abril 3-1 Universidade de Valladolid
O CV Ourense continúa na loita pola segunda praza e superou o Universidade de Valladolid nun encontro que dominaron con solvencia nos dous primeiros sets. O terceiro levábao Valladolid por 25-27, pero as de Pablo Pérez repuxéronse no cuarto set e sumaron a vitoria final que as deixa a tiro de pedra da segunda praza.
Hockey
Medalla de bronce de Club Hockey Barrocás
O Barrocás acadou a medalla de bronce na final do campionato de España de hockei sala. Os ourensáns non puideron facer nada nunha semifinal na que o favorito, e gañador, o Complutense, impúxose por 10-1, nun partido sen opcións para os ourensáns. Pero no terceiro e cuarto posto ante os anfitrións, o Giner de los Ríos, o Barrocás vencían por 3 goles a 1 e levaban o bronce.
E tamén ... fútbol