Onda Deportiva Ourense - Polideportivo
Baloncesto
CB Marbella 50-63 Club Ourense Baloncesto
Triunfo do Clube Ourense Baloncesto en Marbella, que sumado a derrota de Cantabria, fai que os ourensáns sitúense colíderes e volvan a depender deles mesmos para rematar primeiros a fase regular. Guillermo Arenas chegaba a cita coas baixas importantes de Djukanovic e Darius Carter, que con molestias apenas participaron no encontro. Os ourensáns mandaron dende o comezo, cun primeiro cuarto no que xa vencían de 9-20 e dedicouse a partir de entón a conservar a vantaxe. Aboubacar con 14 puntos e Wan Wijk tamén con 14 foron do máis destacado dos cobistas.
E este mércores chega Cantabria ao Paco Paz a partir das 19:00 horas.
Acordo entre Club Ourense Baloncesto e Unión Deportiva Ourense
Os abonados de ambos clubes, poderán entrar de balde co seu carnet (retirando no caso do COB as entradas previamente nas oficinas do Paco Paz ou no mail info@clubourensebaloncesto.com), xa sea no básquet ou no fútbol, para os encontros dos dous.
Lecrerc Caja Rural 71-79 Solgaleo Bosco
Triunfo do Bosco Salesianos que suma o cuarto triunfo consecutivo nos últimos encontros e que se achega a permanencia a falta de dúas xornadas para o remate da liga. Os ourensáns foron superiores dende o comezo ante un rival da parte alta e que se viu sorprendido polo ímpetu ourensán, que ao descanso vencían 34-41. Trala reanudación o Bosco chegou a ampliar a vantaxe a 14 puntos e nos últimos compases soubo sufrir para rascar unha vitoria moi importante.
O sábado final ante Gijón as 19:00 nos Remedios nun encontro entre rivais directos.
Némesis Santander 63-73 Carmelitas
Triunfo do Codigalco Carmelitas no primeiro encontro da primeira eliminatoria polo ascenso a Liga Feminina 2. As colexiais superaron a un combativo Némesis, que vendeu cara a súa pel como local. O encontro non comezou ben para as ourensás que nos primeiros minutos costoulles entrar no partido e non estiveron moi acertadas en ataque, pero co paso dos minutos as pupilas de Suso Garrido empezaron a acertar e ao descanso chegaban 4 abaixo. Xa na segunda metade, as ourensás guiadas por Regina Gómez que anotou 9 puntos, déronlle a volta o encontro e gañan o encontro de ida.
A volta será o sábado as 18:00 no polideportivo Vedruna e no caso de pasar agardará o gañador do encontro entre Ponce e Celta na seguinte ronda.
Fútbol Sala
Roldán 2-2 Ourense Envialia
Empate do Ourense Envialia nun choque ante un rival directo como o Roldán e que deixa as ourensás a 3 puntos do playoff polo título e cun partido menos. As de Gonzalo Iglesias Morenín tiveron que sufrir e remontar un marcador adverso para conseguir sumar un punto. As locais mandaban no marcador ao descanso 1-0. Laura Uña igualaba a contenda no 25, pero a 6 minutos para o final as locais anotaban o 2-1. Con todo case perdido, Morenín optou pola porteira xogadora e Laura Uña acadaría a igualada a un minuto para o final.
Cidade das Burgas 5-1 Logroño
Novo triunfo do Cidade das Burgas que segue apuntalando a segunda posición e que superou con contundencia a Logroño. 2 tantos de Clara, 1 de Nespereira, 1 de Sol e outro de Sonia servíronlle as verdiblancas para levar un choque importante e seguir na pelexa polo playoff a falta de 6 xornadas para o final.
Castro 3-1 Ourense Envialia B
Derrota do filial do Envialia na súa visita o Castro. As ourensás recibiron dous tantos antes de cumprirse o minuto 10 de xogo e xa non se recuperaron do mazazo. Na segunda metade o Castro faría o terceiro e Sandra faría o tanto da honra das ourensás a falta de 2 minutos.
Albense 0-1 Sala Ourense
Importante triunfo do Sala Ourense na súa loita pola permanencia e na que venceu na cancha dun rival directo como o Albense, o que lle permite escalar posicións e meter a varios equipos por debaixo súa na clasificación. Os de Kike García fixeron valer o gol de Allariz a 5 segundos para o final para levar os 3 puntos e manteñen 1 punto de vantaxe co descenso a falta de 4 encontros para o final da tempada.
Balonmán
Carnes do Ribeiro 26- 30 Reconquista de Vigo
Derrota do Carnes do Ribeiro, que competiu contra un dos equipos da zona alta e nunca lle perdeu a cara o partido, pero que non foi quen de reducir as distancias que abriron os vigueses dende o comezo cun parcial de 2-6. Si que é certo que os de Feliz Mojón chegaron a porse por diante aos 13 minutos, pero ao descanso perdían 14-15. Trala reanudación os visitantes volveron a abrir distancias e o Ribeiro xa non puido volver a achegarse no marcador. David Costas e Jacobo Rodríguez con 7 tantos cada un, os máis destacados do conxunto de Ribadavia.
Rugby
Bera Bera 39-35 Campus Ourense
Derrota do Campus Ourense que caeu en terras vascas nun encontro marcado polo poderío anotador de ambos equipos. Os de David Monreal comezaron mal, pero recuperaron sensacións pouco a pouco para meterse no encontro, sen embargo ao descanso chegaban perdendo 20-14. Na segunda metade os vascos comezaron moi ben e chegaron a ter unha vantaxe de 20 puntos, pero o Campus Ourense non se rendeu e pelexou ata o final por tentar a remontada, que non chegou.
E tamén ... fútbol