Onda Deportiva Ourense - Fútbol
3ª Federación
Arenteiro 0-1 Unión Adarve
Nova derrota do Arenteiro que desta vez non puido puntuar ante a súa afección e veuse superado polo líder da categoría, o Unión Adarve. Os do Carballiño estiveron moi ben a nivel defensivo durante practicamente todo o encontro, pero volveron a botar en falta a pegada en ataque, onde o equipo segue sen reaccionar e só suma 12 tantos en 15 encontros. Álvaro anotou o tanto do triunfo no 56 e a pesar de que aínda quedaba moito encontro, o marcador xa non se movería e o Arenteiro sitúase xa a 4 puntos da salvación.
O xoves a partir das 19:00 horas, Espiñero recibirá ó Valencia CF en Copa del Rey para vivir un día histórico para CD Arenteiro e todo o concello de O Carballiño
3ª Federación
Ourense CF 0-0 Rápido de Bouzas
Empate sen goles do Ourense CF ante o Rápido de Bouzas, nun partido entre rivais directos na loita polo playoff de ascenso e onde ambos gardaron o seu arsenal e conformáronse coas táboas e con suma de un punto cada un para seguir na parte alta unha semana máis. Os de Rubén Domínguez tiveron mellores ocasións, pero non conseguiron perforar a meta viguesa.
CD Barco 1-3 Arzúa
Derrota do Barco que veu freado ante o Arzúa a súa boa xeira de resultados. Os de Valdeorras non estiveron nada finos nas áreas e o rival aproveitou as ocasións para levar o triunfo. O Arzúa golpeou nos primeiros compases do encontro e o tanto foi unha lousa moi difícil de remontar para os de Javi Rey. Os visitantes marcharon o descanso vencendo 0-2, O Barco recortou diferenzas tralo paso por vestiarios, pero un error do gardarredes permitiu o Arzúa anotar o 1-3. A expulsión de Andrés Calvo por dobre tarxeta, impediu a reacción dos de Valdeorras.
Juvenil Ponteareas 3-1 Atlético Arnoia
Cita importante a que tiña o Arnoia para achegarse a permanencia, pero viuse superado por claridade por un Juvenil de Ponteareas moi superior ao longo de todo o encontro. Os locais adiantáronse ao pouco do comezo e fixeron o segundo minutos despois. Xa na segunda metade lograrían o terceiro, nun encontro no que o Arnoia maquillou o resultado gracias a un tanto de Alberto Blanco
Preferente Galicia
Atios 0–2 UD Ourense
Triunfo moi sufrido da UD Ourense que superou ao Atios con dous tantos nos minutos 90 e 96, nun partido moi competido e no que os locais foron superiores na segunda metade, pero o bo facer defensivo do Ourense evitou que se adiantaran. Raúl Melo anotaría no 90 gracias a un balón longo que o deixou man a man co gardamallas rival. Carlos de Dios anotaría o segundo ao recoller un balón na área e recortar o defensor.
Verín CF 1-2 Cultural Areas
Dura derrota do Verín ante a Cultural Areas, nun encontro no que os verineses deron a cara, pero víronse sorprendidos por un rival que se adiantaba no marcador no minuto 22. Hugo conseguiría o empate 7 minutos despois e con táboas chegábase ao descanso. Un tanto de Adrián Vázquez no minuto 83 permitiu o Areas sumar 3 valiosos puntos e recortar diferenzas cun Verín que ve reducida a súa diferenza.
Polígono 2-1 Mondariz
Primeiro triunfo da tempada do Polígono que se impuxo ao Mondariz, nun competido encontro e no que os visitantes golpearon primeiro. Dous tantos de Yago na segunda metade, permitiron os industriais darlle a volta o encontro e sumar 3 valiosos puntos, gracias aos tantos nos minutos 85 e 88. Con estes 3 puntos o Polígono suma 4 e xa está a 2 precisamente do Mondariz.
— ACD Polígono San Cibrao (@acdPoligono) December 12, 2021
SD Nogueira 0-0 Sporting Guardés
Empate en A Tella nun partido no que o Nogueira precisaba o triunfo para escalar posicións e superar a rivais directos como o Guardés. Un partido moi desputado, no que ambos conxuntos gozaron de oportunidades, pero no que as defensas estiveron máis atinadas e impediron que o marcador inicial se movese.
O partido entre o Porriño e o Velle foi aprazado pola Covid-19 e a UD Barbadás tiña xornada de descanso esta fin de semana
Fútbol Femenino
EFF Rosalía 7-0 Gondomar
Triunfo da EFF Rosalía nun encontro no que Miguel Saa aproveitou para facer rotacións e dar minutos a xogadoras con menos participación durante a tempada. O equipo saiu algo adormecido e apenas creou ocasións ao Gondomar nos primeiros minutos. Un equipo rival que visitou A Ponte con tan só 12 xogadoras e que acabaron pagando o cansancio físico en forma de goles. Candela e Zaira puñan os dous primeiros tantos na primeira metade. Ana Seguin en tres ocasións e Lidia en dúas completaron a goleada pontina.
E tamén ... polideportivo. Baloncesto, fútbol sala, balonmán, rugby, voleibol