Onda Deportiva Ourense - Fútbol
2 Federación
Arenteiro 1-1 Gimástica Segoviana
Novo empate dun Arenteiro, cada vez máis abonado a este resultado e que desta vez volveu a desperdiciar na segunda metade unha oportunidade de ouro para levar os 3 puntos. Adiantábanse os do Carballiño no minuto 19 gracias a un tanto de Renan Zanelli, o pichichi do equipo. Unha primeira metade nos que os de Espiñedo pudieron anotar incluso algún tanto máis, pero non foron capaces e tralo paso por vestiarios, a Segoviana acadaba o empate gracias a un gol de Nogueira.
A vindeira semana visita ó CD Coruxo
3 Federación
Non houbo xornada para os ourensáns na terceira federación. Ó CD Barco tócaballe descansar esta semana e o derby entre o Atlético Arnoia e o Ourense CF foi suspendido por mor da COVID-19.
A vindeira xornada o CD Barco recibe o sábado ás 18:30 ó Alondras, o Ourense CF recibe ó Silva e o Atlético Arnoia viaxa a Abegondo para medirse ó Fabril Deportivo
Preferente Galicia
UD Ourense 2-0 CD Velle
Sexto triunfo consecutivo dunha UD Ourense que segue lanzada e cada vez máis líderes na táboa. Desta vez superaron a un combativo CD Velle, que plantou cara no Couto, nunha tarde marcada polo frío e a choiva. Gabi Sanín adiantou ós vermellos tras aproveitar unha saída do meta Viana nun despexe e marcar cunha vaselina dende 35 metros. Xa na segunda metade, Xinzo facía o segundo aproveitando unha asistencia de Raúl Melo e o encontro quedaba sentenciado.
Verín 2-1 Polígono
Vitoria do Verín, nun encontro moi desputado ante un Polígono que plantou cara e que a piques estuvo de rascar algún puntiño do Arjiz. Un doblete de Xoel Crespo permitiu os verinenses sumar un valioso triunfo que os sitúa na segunda praza do grupo. O Polígono competiu e tentouno e gracias a un gol de Janfry recortou distancias e a piques estuvo de dar algún susto máis.
O Verín é segundo con 20 puntos e o Polígono pecha a táboa clasificatoria con só un punto.
O que non se pudo xogar foi o derby que enfrentaba ó Nogueira e o Barbadás. O partido foi adiado pola COVID-19
Fútbol Femenino
EFF Rosalía 3-0 Peñasco
Triunfo de prestixio dun Rosalía que se sitúa líder e superou con claridade a un rival directo na loita polo ascenso. Os tantos de Ana Seguín, Laura Añón e Noe déronlle o triunfo as pontinas.
E tamén polideportivo
En Onda Deportiva Ourense achegámonos tamén a todo o polideportivo: baloncesto, fútbol sala, rugby ...