Onda Deportiva Ourense
2 RFEF
CD Arenteiro 1 - 0 Real Avilés
Triunfo moi importante dun Arenteiro que arrancou o 2.022 da mellor maneira posible, cun triunfo e 3 puntos que lle serven os pupilos de Fran Justo para escalar posicións e situarse a 1 punto do play off de permanencia e a 3 da salvación. Os do Carballiño fixeron un partido moi serio ante un rival compricado e da parte alta da táboa. Tras unha primeira metade de aguante e de moito respecto, no que houbo tres ocasións para os locais e dúas para os visitantes, chegouse o descanso, non se antes quedar o Arenteiro cun home menos pola expulsión de Portela. Xa na segunda metade, os do Carballiño pecháronse para saír a contra e nunha desas xogadas, Victor Eimil chegou a liña de fondo e centrou para que Sylla anotase o tanto que dalle o terceiro triunfo da tempada aún Arenteiro que levaba 8 xornadas sen sumar tres puntos.
A vindeira semana, CD Arenteiro recibe en Espiñedo ó Arosa SC
PREFERENTE GALICIA
Verín CF 4-1 CD Velle
Goleada do Verín no derbi provincial ante o Velle, nun encontro no que amosaron a súa superioridade e no que sobresaiu a figura de Adrián Mouriño, autor de 3 tantos, un antes do descanso e dous máis xa na segunda metade. Luisito faría o cuarto dos verineses e Alberto Carracelas anotaría o tanto da honra para un Velle que segue na parte baixa e só acumula 10 puntos en 14 xornadas. O Verín pola súa banda é provisionalmente segundo na táboa con 27 puntos.
A vindeira semana o Verín viaxa a Atios e o Velle recibe no Monte da Aira ó Polígono
Pontellas 0-2 UD Ourense
Nova vitoria do Ourense que segue o seu, sumando de 3 en 3 e mantendo as distancias cos seus perseguidores. Os vermellos superaron ó Pontellas gracias a un tanto de Varo no arranque da primeira metade, practicamente os 20 segundos de encontro e outro gol de Champi na segunda que deixou o partido visto para sentencia, cando o Pontellas máis apretaba. Os ourensáns continúan líderes con 36 puntos.
A vindeira semana derby no Couto entre a UD Ourense e SD Nogueira
SD Nogueira 2-3 UD Atios
Dura derrota do Nogueira ante o Atios, nun partido moi desputado e que se decantou do lado visitante. Lois adiantaba os de Bruno Gómez os 16 minutos de xogo, pero 4 minutos despois o Atios empataría o encontro. Os visitantes poríanse por diante antes do descanso, pero o Nogueira respondería tralo paso por vestiarios con un gol de Oliver. Un tanto de Marcos, autor de dous goles dos porriñeses, poría o definitivo 2-3 e o marcador xa non se movería. O Nogueira ve freada as súas aspiracións e queda oitavo na táboa con 18 puntos.
A vindeira semana, o Nogueira visita o campo de O Couto para enfrentarse á UD Ourense.
Polígono 0-1 Sporting Guardés
Derrota do Polígono que competiu e a piques estivo de sumar puntos ante un Guardés que aproveitou un tanto de chilena de Fabio para levar os tres puntos de San Cibrao. O conxunto industrial dispuxo de dúas boas ocasións nas botas de Gustavo para igualar a contenda, pero o balón non entrou na portería e o Polígono suma outra derrota que o mantén colista con 4 puntos.
🏟️ @acdPoligono 🆚 @GuardesSporting
🗓 Domingo 9 enero 2022
🕒 16:30h
⚽ #amarilloelpoligonoes 💛 pic.twitter.com/yQlbwnt620
— ACD Polígono San Cibrao (@acdPoligono) January 7, 2022